Tío Pepín falou aquí hai pouco do seu gusto pola literatura checa co gallo dun comentario sobre Hrabal. Os (sem)aforismos do barbeiro J. B., a xulgar polo exemplo do comentarista, resucitaron na miña memoria aquel extraordinario Ignatius J. Reilly e non tardei en facerme co libro. Agora que só me quedan esas dúas páxinas que me nego a ler para non pechar unha novela que non quero que remate nunca e que aínda estou totalmente metida no meu papel de clienta desa barbería universal, veño ao foro para que lle fagades un sitio a esta peza deliciosa da literatura checa.
Os raros, é o que teñen, son marabillosos. De Jaroslav Putík non atopo nada, un pouco é coma Jan B., non sei se o seu alter ego como o era Ignatius de J.K.Toole. Mais son deses seres que pasan pola vida coma personaxes secundarios agochando tanta sabedoría e humanidade que só poden ser desprezados por un entorno que vive nunha eterna "pose" de autosatisfación e autocompracencia defendéndose, eso si, con toda a forza da súa mediocridade deses espíritus curiosos e inquedos que son quen de poñer as notas e as cores nas partituras monocordes e nos lenzos cincentos nos que os eternos idiotas do poder nos queren obrigar a vivir.
6 comentarios:
Menos conto: a ler esas dúas páxinas e a meter o tocho nun buzón de correos...
ei, ei, ei....pare, pere, esas dúas páxinas téñoas que ler moiiiiiiii de vagar e ata creo que vou reler moi a modo....¡¡¡muac!!!
Mañá vou á Coru á levar a miña RulaStar, non prometo visita porque vou co tempo axustado pero en adiante penso que vou chupar Riazor por un tubo ¡¡¡wonderful Curuña!!!
Alégrame comprobar que non queda defraudada por facerlle caso ás miñas suxestións.
saúdos do tío Pepin.
A min tamén me gustou moito esa novela.
¡Ai qué carallo! Hei facer eu o mesmo cando baixe á cidade inimiga...
Tranki Ru, que teño Curuña pa rato. Hoxe tiña presa e vostede moito traballo e visitas e bla bla bla...e xa tiña quedado con Al Pacino, "amigo mio". Só me permitin unha cervexiña por Obama e para iso ninguén me seguiu a festa, cagöen, aínda hai ben pouco que non precisabamos acontecemento algún para facer festa, bueeeeeeeeeno.
Publicar un comentario