¿onde estás M.? ¿quen remexe nas nosas cousas e guinda ao lixo os teus discos? ¿por que cheiras a visitas? O eco dun colgadoiro baleiro e certo arrecendo que gardei da tua suavísima pel enchen a oscuridade tras o fecho co que te despides....
Cantas ausencia e silencios encherán esta espera mylove, terei que amorear faragullas da brevidades, redebuxar contornas, enfatizar baleiros e pechar os ollos ata o seguinte ruxe ruxe desa fechadura que estragaches na fuxida. Tiña que terme quedado coas túas rutinas, mais eran tantos os deliciosos momentos nos que te me amosabas deliciosamente espida e apaixoada, noites de vertixe e insomnio, por exemplo, cando de socato guindabas os libros e te me achegabas para escribirme, ou para poñer puntos suspendidos no teu, no meu corpo ata que caías de sono e esvarabas ata que soaba o móbil, ou cando te adobiabas fronte a min e te disfrutabas coma se foses dous corpos, me suplicabas liñas imaxinarias e me marcabas coa humidade da túa man. Eu notaba algúnha sombra xa daquela, ese disimulado ollar cara o persistencia do desacordo que seica te levou a fuxir. Eu que me ía fixar niso, tiña que termar de min para non estourar en mil corpos cando te sostiña en pe.
4 comentarios:
Tempo de inquedanza e desacougo. Tempos de destempos. Asincronía de tempos cruzados nun espazo común que xa non pertence a ninguén. Loita de espazos ao relentí. Milladoiro de sensacións. Acaso esqueciches algo?. Culpa e esquecemento. Negación da culpa e do esquecemento. Asentemento e razón. Non deben as cancelas da razón pechar os desexos do descoñecido ou novedoso. Ruptura de compaña. Dúbida. Quizais non houbo nunca tal. Sen lazos, pero ben atados, sen presión pero con dereito. Concentración forzosa nun mundo de parcelas propias. Salto ao valeiro sen rede. Torpe fuxir do seu. Erro asistido, frustración ou inxección de risco. Emoción. Incomprensión e banal quietude. Inseguridade de deixar facer, seguridade de ter que deixalo.
Hostias, ponlle música a eso. A min soame a Gnossienne nº 1 de Satie.
Ei anónimo...que bonito, xa temos "Para S.VI"
legnaresa,
Está feito, vostede sempre tan esixente!
Non llelo podo confirmar a veracidade das miñas palabras, están moi pensadas para ser un deus da rúa quen-as redacte.
Néste suburbio mídesenos máis polos silencios que non contamos, ó apalpar estremecemos
pouco máis
Publicar un comentario