(Para X.O.)
11:35 Anónimo Tempos de destempos. Asincronía de tempos cruzados nun espazo común que xa non pertence a ninguén
11:35 Anónimo
Loita de espazos ao relentí. Milladoiro de sensacións
11:37 Anónimo
Acaso esqueciches algo? Culpa e esquecemento
11:38 Anónimo
Negación da culpa e do esquecemento.
11:38 Anónimo
Asentemento e razón
11:39Anónimo
Non deben as cancelas da razón pechar os desexos do descoñecido ou novedoso.Ruptura de compaña. Dúbida. Quizais non houbo nunca tal
11:40 Anónimo
Sen lazos, pero ben atados, sen presión pero con dereito
11:40 Anónimo
Concentración forzosa nun mundo de parcelas propias
11:41 Anónimo
Salto ao baleiro sen rede.Torpe fuxir do seu
11:42 Anónimo
Erro asistido, frustración ou inxección de risco
11:43 Anónimo
Emoción.Incomprensión e banal quietude. Inseguridade de deixar facer, seguridade de ter que deixalo.
Música: Lemminkainen in Tuonela, Part.1, Sibelius. CLIC
Texto: Anónimo do post anterior
Foto: María Jesús Fariña
Foto: María Jesús Fariña
16 comentarios:
Directo ao cerebro vía ventricular. Crevadas unllas cravadas nas palmas. Tensión. Puños bombeando sangue. Distensión. Unidade central de nervos. Series de control. Tempas interrogadas polo suor. Microbioma conceptual. Almacén de latexos e ritmos de sons expelidos ao aire. Impulso eléctrico creativo. Pasaxes de amor e odio. Vasta esfera de ardente gas na procura desenfreada de aire nas cembas do seu peito. Lume e paixon sulcando o arame na noite.
Suxiro, se non lles parece mal, a vostede e a Anónimo, algunha das obras de Sibelius. Se me permiten elexir e a considera axeitada teño en mente Lemminkainen in Tuonela, Part 1.
Eu canto máis entro neste bló ultimamente, menos entendo. Estou apamponao...
:-P
Grazas anónimo, mólanme os teus textos...
leganaresaaaaaaa, quedas nomeado dillei particular,
marilucas, jajajajajaja...pero ti sigue insistindo, esto crea adición...muac!
legnaresa...¿e onde localizo esa música?
Muller podes ir a buscala ao SPAR pero seica no YUTUBE o mercadillo é completo e non precisas, de momento, tarxeta algunha.Corte, peje e escoite. Non teña medo. Suba o volume altofalantes e saia da habitación a carreira.
A Bande está de racha, e aínda reparte xogo!
O xeito máis doado xa o utilizou vostede no post anterior
http://www.goear.com/
logo busque o cisne de Tuonela dentro da páxina. Seguro que vai nadando pola beira.
por algunha extraña razón, acaba de atraparme este post
"que eu lembre, moitos estiveron na 2046, pero vostede foi o primeiro en volver,¿podo preguntarlle por que marchou da 2046?. Cada vez que alguén me facía esa pregunta querían saber por que fuxira da 2046, pero sempre a miña contestación era unha resposta vaga. No pasado, cando as persoas tiñan segredos que non desexaban compartir, subían a unha montaña, procuraban unha árbore e facían un buraco nela para susurrarlle alí o segredo, logo cubríano con barro. Dese xeito ninguén o descubriría. Pero nunha ocasión namorei de alguén. Logo dun tempo ela xa non estaba. Fun á 2046 crendo que podía estar agardándome alí. Pero non a atopei. Non podía deixar de preguntarme se ela me amaba ou non. Nunca o averiguei. Cicais a súa resposta fora como un grande segredo que ninguén saberia nunca. Todas as lembranzas son sucos de bágoas.
Cómo mola este Anónimo, Dona Ana.
Mua!
¡Que idea o da árbore!
Iso si que o entendín. E no outro, a base de insistir, aínda vou caendo (se cadra onde non debo, pero...)
O anónimo mola, si si.
Arrastraba o corpo con moita dificutade, a golpe de pequenas zancadas de torpeza.
Seu ritmo persistente cimbreaba con trote inseguro.
Fuxiu cara adiante sen consciencia de facelo
Impresa no iris a memoria daquela habitación.2046. 204.20.2.0.
Atrás quedaban os neóns acesos, o repenique da chuvia sobre a branca e fría luz daquela farola.
Recia e altiva contemplaba as sombras dos pasos noite tras noite.
Apenas si foi advertida a súa presencia polos insomnes ollos ca procuraban.O corpo simulaba non querer obedecerlle.Nin a enfermidade nin o olvido ían ser quen de conxelar as ardencia de metamorfosis.Facendo honores de nobreza no silencio contraía a súa única vida sen permitirlle escape.
Mocasins estigmatizados pola terra baixo augas nocturnas de grave contínuo.Luces e humidades fusionadas por momentos na memoria xusto antes de desvanecerse.
Memoria perdida. Amores agochados.Odiados. Abertos en canal. Esencias de Yutang.
Renacer soñado dos mares que por tí brotaron.Sutil anhelo de seguir sufrindo. Tal vez a chuvia que agora cae como un río coñeza o segredo que agocha a montaña.
Polos últimos comentarios a orella pode que agradeza esta pequena alfaia
http://www.goear.com/listen/aaae60e/primary-meeting-Liu-Fang
Desta vez pode vostede baixar os altofalantes,pechar os ollos e deixarse levar.
A cousa está que arde, nos asteleiros digo. Hoxe a Praza da Industria e outros do contorno ergueronse baixo custodia policial. As 4 direccións tomadas e 5 fornidos axentes en cada unha delas.A formación non era de tortuga romana senón mais ben de frecha india. · No centro e 2 en aleróns. A todo o que tiña certa "pinta" sospeitosa facíase un cacheo automático.Non estan as cousas para bromas pero esto semella un estado de sitio. Vamos o 2046 con Blad Runner.
Publicar un comentario