Fai disfrutar ao público e derrúbao ao quinto asalto....A partir máis o menos de aquí vin a película que me fixo lembrar a recomendación do libro de Philip Roth que hai escasos días me fixo Paz. De momento desenfío e enguedello o nobelo que forman esas verbas e lembro a túa historia, S., e que ogallá tiveses un adestrador e lle fixeras caso. Pero non. Fas sempre o mesmo. Colles os mandos e desprezando todas as previsións meteorolóxicas pilotas a túa aeronave contra a jet stream sen preocuparte polo tren de aterraxe. O ceo está cheo de ameazas pero ti só ves estrelas e horóscopos favorables. Deveces polas turbulencias e disfrutas das inestabilidades e ata cres no funcionamento desa brincadeira de kit de salvamento. Pois eu teño medo a voar. Sei que pode ser unha parvada pero prefiro precipitarme deliberadamente. E ao público que lle dean. Que se divirtan vendo Impacto Total se queren morbo e descargar adrenalina. Hai castings que non interesan, de verdade, faille caso ao adestrador e olla as pupilas rabiosamente dilatadas do adversario. A acción é contraria á reflexión, dicíalle Coleman a Fauni no filme, faille caso ao vello profesor. E, si, xa sei que me dirás que el mesmo incumpría as súas sentenzas, pero, deliberadamente e porque Fauni era o su último amor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario