S. escribe coas veas abertas e deita verbas no ciberespacio que arrecenden a un corpo espido e suoroso no medio dunha noite intensa. S. é un corpo que se celebra a sí mesmo, obedecendo ás incongruencias e derrotas máis previsibles. Gustame a xenerosidade con que te autoproclamas S. e a túa ansiedade por procurar pracer. Tes que atoparte moi incómoda estre tanta cobardía como te arrodea. Deberías marchar á megalópole para respirar. Aquí afogas cada día e aínda que pescudes en tódolos recunchos deste finisterre autocompracente non atoparás o teu sitio. De aquí hai que seguir emigrando S. porque a fame do espíritu atúrase peor que a do bandullo. E o peor e ter que disimulalo. Porque seica non son tempos. A cotío tratan de convencernos de que este é o mellor lugar para vivir. Pero para ti non S. Malia túa descomunal presenza, aquí ninguén te ve. Esgótaste cada día inventando historias que ninguén vai representar e emprendendo proxectos que só serven para xustificar unha partida orzamentaria. Semella que o máis rico é o óso S., e ti es todo carne. Todos se baten polo inocuo, o inodoro e insípido. E ti segues agardando que os ceros e uns cheiren a tabaco, a medias recén sacadas ou a teu cuarto de baño logo dunha ducha refrescante.
lunes, diciembre 28, 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Teño a sensación de que foi extremadamente cuidadosa elixindo entre o perverso catálogo de arakis.
Que teña un feliz 10 (falando de ceros e de uns).
perverso?...vaia oh...non, non...esta foto é provisional, a que me gusta non esta na rede, agora que o penso, creo que a teño nun libro, vou ver...
Mola.
Atopáchela, si, esta era a tal!
Ás veces, un ten ansias de marchar dun lugar porque non se atopa ben consigo mesmo. Polo tanto, daría igual que S. estivera neste finisterre, que nunha megacidade ou nunha aldea perdida de Kamchatka. Reflexionar e dar co verdadeiro problema, iso é o difícil. Colle-la maleta e marchar pode resultar doado pero chegar a outro lugar e darse conta de que tampouco é o teu espazo... sería duro de maís.
Mar de Lempicka non estou de acordo contigo, quedarse é estar sempre remexendo no mismo, sair é aventurarse na procura dun mesmo, é necesario que nos sacuda a sorpresa do novedoso, o do impactante, o do diferente para sair do círculo que nos aprisiona mentalmente.
Maravilloso...Ana Bande
"Cando un fuxe, case sempre leva con el o motivo da fuxida" cita malroubada de memoria de "Gauguin", de M.V.M.
Verificación de palabra: Preea! (e vai ser verdade).
Coñezo da existencia do teu blog fai tempo, de ter ollado miñas entradas no google, onte entrei e disfrutei muito dos teus textos, fisechesme lembrar sensacións dos anos cos Salesianos mo Madrid dos 70 ou convir e discordar dos teus pareceres encol os mediocres, mais a tua lectura foi un pracer.
Grazas e disculpa meu galego, pra marzo farei o celga 3 mais iso non o mellorara.
Unha aperta. Xabier Bande
Un blog interesantísimo, el tuyo, Ana. Lamento no ser capaz de escribir en galego, pero sí que lo leo. ¡Enhorabuena!
Saludos desde Barcelona.
Publicar un comentario