Falo dende o outro lado. Eu podo vervos, por dentro e por fóra, sódes case tan reais para min coma eses xogos nos que non deixades de inventarvos. Dicírvolo procuraríame algo de acougo, algo de excitación, porque ter sempre o control resúltame un pouco aburrido. Por outra banda, e aínda que todos podíades ter feito méritos para estar canda min, un pouco de mágoa si que dades. Véxovos ollarvos cada mañá ao mesmo espello poñendo a mesma cara de sorpresa perante o descoñecido. Menos esa rapaza que se fai chiscadelas a sí mesma e se prepara cada día para representar unha personaxe diferente. Iso sí que me divirte. Pero a maioría non a podedes ver malia ter só que dar media volta e ollar a fiestra do edificio de enfrente. Da igual que teña a luz prendida e a música a todo meter, vós ao voso, a examinar as concordancias da palabra, obra e omisión. A grisalla dos días vaivos entrando na casa e no corpo e ídesvos esvaíndo sen sequera decatarvos. Agás ela. A mina esperanza, a raíña, a afouta e desvergonzada veciña de enfrente que muda cada día de roupa, de espello e de compañía. Ela divírteme porque constrúe cada día unha historia diferente para min, tal e como eu fixen antes de pasar a este observatorio privilexiado dende o que vos asexo...ollade agora por exemplo, véxoa de costas pero a luz do corredor do fondo debuxa perfectamente o seu corpo....mmmmmmm.....só lle habería que poñer un par de cordas para ter o instrumento máis perfecto......escoitade, sóa unha música....
miércoles, diciembre 16, 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Qué melancólico es ese instrumento...
stabHola Ana.... espero que pueda llegar esta nota, dentro de un rato quizás lo sepa, sobre todo desearos que el próximo año sea siempre mejor que el que dejamos, por otra parte, espero seguir disfrutando de tus comentarios y noticias como hasta el momento.
Besos. Mª Luz García
Para min que ver ao Jaime Stewart e ímonos o branco e negro, sentimos a neve e as perlas cainnos dos ollos. O instrumento, aínda non sei cal se refire, non ten nada de melancólico. ë o Jaime este que si te fixas ben na foto ten mais potencia no seu ollo esquerdo que na propia cámara granangulada e mineralizada. Pareceme que Jime viu a noticia de que cantos mas peitos se vexan na vida áis se alonga esta e está o tipo frenético a pillar anos por onde sexa. Pero que bello e vivir
Publicar un comentario