sábado, diciembre 19, 2009

Para S. (X)


Lucian Freud, Retrato Desnudo en un Sofá Rojo, 1989 – 91, óleo sobre tela, 100.2 x 90.2 cm. Colección Privada[imagen]
The only one, única, queres ser a raíña, se non non xogas. Biunívocamente eterna, liña dunha dirección obrigatoria, sen volta atrás, estrada única, cara un archicoñecido paradiso do tedio aniquilador de cores, sabores e emocións. Mefisto foi menos esixente. Agora voltas, raíña destronada, non vou dicir nada, pero vaime doer ata a túa respiración. Por aquí viñeron algúns pero ninguén quixo quedar, claro que eu fixen o que estaba nas miñas mans para que así fora. Debuxei pantasmas horribles na miña superficie mesturando todo este po que se me foi acumulando dende que quedei só. E fuxían disimulando o medo que lles procuraba a miña desacougante presenza. Deliberadamente deixaras unha porta aberta e os visitantes podían adiviñar a túa presenza cando ese colgador baleiro se movía sen explicación. Voltas dun naufraxio prognosticado. Romántica anacrónica e reincidente. Achégate a min e olláte nos teus ollos, falaremos do de sempre, lembrareite o arrecendo da voluptuosidade e serás outra vez S., a miña tatuaxe máis impúdica.

1 comentario:

marlempicka dijo...

Gústame o de "voltas dun naufraxio pronosticado". Somos nós os que creamos os naufraxios. Se non lles deramos importancia, só quedaría nunha marexada.