A escolla para reitor desta nosa universidade está dando moito que falar estes días pola orixinalidade da campaña dunha das candidaturas . O goberno da universidade está case exclusivametne nas mans dun dos colectivos que forman a comunidade universitaria, o profesorado. Os o utros dous, alumnado e persoal de administración e servizos, digamos que non pintan moito neste asunto. Isto case sempre foi así, por iso, alumnos e traballadores non docentes non amosaron nunca demasiado interese neste ti po de eleccións. Nunha loita un pouco desesperada por unha poltrona tan erudita e mol, unha das candidaturas deseñou unha campaña certamente vulgar e seica un chisco agresiva de máis nese ton prepotente que adoita empoleirar á machovaronía reinante cando se sabe posuidora da variña máxica que sempre nos deixa tan satisfeitas. A estratexia destas campañas foi ata agora unha cousa de andar por casa . Visitas a despachos , cafés a todas as deshoras, paparotas de menús variados tipo hoxe por ti mañán por min, e como moito algunhas charlas nos auditorios das facultades para explicar un pouco pólo miúdo o programa electoral, ao que asisten os mesmos que ás paparotas e cafés , ou sexa , aspirantes a vicealgo procedentes do PDI e diversas figuras docentes producto de reformas e contrarreformas nun retorcido sistema de acceso ao status docente que xa só entenden os que pasan a vida mergullados en convocatórias e boletins oficiais . É pouco coñecido o choio qu e se agocha nestes grandes chiringuitos de elite no que se converteron as universidades , senón non me explico como nestes tempos tan duros o pobo pode consentir tanta ledicia orzamentaria e tanta subvención, e tanto sobresoldo para tanto vicenonseiqué e para tanto proxecto, e para tanta sigla , e oficiña, e fundación que se monta onde non hai tanto había aulas e paraninfos . O pobo non entendería, seguro que non. Pero ollo, que o sistema é transparente e democrático . As contas son públicas e as falcatruadas management system están recollidas en oficialísimos informes de institucións da máis alta e rigorosa reputación. Así que eu non me estraño moito da vulgarización desta campaña na que absolutamente cada voto conta . Os reitorables decatándose por fin das potencialidades do tradicionalmente esquecido sector do alumnado non dubidan en mercar para a súa campaña un ready-made ad-hoc. Obxectivo, conectar con todo posible votante. O voto de calidade custou o seu , pero xa está na saca . Agora imos polos que non valen case nada , eses que teñen que votar cinco para facer un. E entón falámoslle no seu idioma , que seica é o da Esteban, a vulgaridade en persoa no medio da requintada poligrafía de lequios, pipisestradas e marichalares de tan avultado vocabulario. Así que esta deliberada vulgarización da campaña de que tanto se está a latricar, amigas e amigos , non é para poñer o grito no ceo. É outra arte de pesca nada máis. O fino palangre de anzois para a captura do peixe gordo e para vós , alumnos e PAS, este buitrón, esta rede na que incluso algúns vos lanzaredes engaiolados literalmente por este confabulairo de bechos extraordinarios que a xeito de amante galego falante vos deixarán tan, tan, tan satisfeitos . Pero o deseño desta campaña e, sobre todo a reacción do electorado déixame tan abraiada como a actual declaración do papa sobre o terceiro segredo de Fátima. Seica aqueles tres pastorciños xa sabían todo esto da pederastia e abusos sexuais varios cometidos polos violadores sotánicos e non dixeron nada de nada . ¿e será que eles mesmos foron pillados in fraganti e obrigados a calar logo da aparición?
A ver irmáns...¿quen é o da foto?....pista: semana santa madrileña na porta do sol...
4 comentarios:
Muchas gracias por la publicidad del libro :)
Ben por ti, amiga!
¿publicidade? ¿que publicidade?
¿ben? ¿seguro que ben?
si pero...o importante ¿quen é o da foto?
Publicar un comentario