jueves, mayo 27, 2010

¿quen dixo lume?

Imaxe: Orlan
O paseo vespertino adoita rematar na praza da Princesa. Faltan poucos metros e case sinto na gorxa a frescura da cervexa cando escoitamos un bruído estraño que nos leva á procura duns altofalantes que semellaban retransmitir un oficio relixioso. Desconcertante. A proximidade do Museo de Arte Contemporánea fai pensar na posibilidade dunha performance e entón rimos aliviados. En plena rúa do Príncipe os decibelios ameazan seriamente o noso oído interno e automáticamente botamos mans ás orellas. Xa non semella unha artistada e non vemos pegada algunha dunha posible instalación museística. Os que pasean en dirección contraria tamén se protexen desta música demasiado alta, demasiado aguda, demasiado monótona. Aaaaaaaaleluia..Aaleeluiiaa. A medida que nos achegamos aos altofalantes o desconcerto xa é un cabreo en toda regla como denota a carraxe nas olladas dos maiores que saen do círculo mercantil sorprendidos pola estridente liturxia. Eu sigo a matinar no da performance, e de non ser polas replicantes maríasauxiliadoras que ameazaan dende as fiestras, fago a ofrenda carioca en toda regla. Crúzome con R. o contrabaixista, que ri desta repentina invasión ultrasónica facéndonos unha chiscadela moi graciosa que aliva un pouco a tortura musical, venid y vamos todos con flores a mariiiiiiiiiia con flores a porfíiiiiiiiiiia que madre nuestra essssssss". Penso en Guantánamo. Penso nas mozas que ¿contratan? en berskas, stradivarius, zaras. Crúzome tamén con F., o poeta, pero non me ve, ou fai que non me ve, como tantas veces, ou o que é peor, sabe que sei que me ve e fai que non sabe que non me ve. Vou cansa mais decido subir a costa seguindo a Hamelín e velaí está toda a parafernalia, pero se ata hai melindres e todo...¿quen dixo lume?

2 comentarios:

Arevalo dijo...

Eso es lo que llamo un encuentro cercano con la divinidad.

Marcos Andión dijo...

No llevaba cámara, pero había que ver las caras de un grupo de inmigrantes, creo que europeos del este, cuando en plena calle del Príncipe, una voz estentórea anuncia el ¡Rezo del Santo Rosario!, tras otra estentórea exhibición sonora camuflada de cantos religiosos.
En al menos cuatro puntos de esa calle fueron instalados altavoces, de la ilegal forma de sujetarlos a elementos del mobiliario urbano (farolas, cartel luminoso de una farmacia...), para meternos por las narices (velis nolis) la celebración de María Auxiliadora. ¡Qué falta de respeto!
Y la Conferencia Episcopal calificando de prepotente el laicismo de Zapatero; ¿será posible?