jueves, junio 10, 2010

Estridencias e pasatempo artístico


Cando te albisquei por entre os andeis que falabas coa caixeira do mercadona estrañoume. Por iso me acheguei. Cicais devecendo desenganarme. Pero non. Detrás do expositor de pilas, procurando disimular escoiteite falarlle do teu miserable recorte do 5%. A rapaza ¿escoitábate? ao tempo que pasaba unha e outra vez o maldito cartón de leite polo lector do código de barras. Na forza coa que apretaba os beizos descifrei a mensaxe. Baleirei a mercancía na cinta transportadora e dixen "paga este pobre funcionario" e lisquei moi apresa. Agora, como mínimo, estou un 5% máis tranquila (case verídico)

Imaxe: hoxe está xupao...é un detalle dunha das máis famosas "vocacións"...veña outra pista Michelangelo....

4 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Merisi.
San Luigi dei Francesi.
Para velo hai que meter peso.

Ana Bande dijo...

¡siiiiiiii! grandísimo lumpen Caravaggio, seica pintaba directamente, sen debuxo previo...alehooooooppppp....e que tal se lle enviamos tamén unhas estrellitas na honra deste salvaxe??? creo que mañá bótanme da casa polo menos ata a unha da mañá asi que estarei no Choco para rajar de la vida y lo quegafarta! ¡muaca!

detective crepuscular dijo...

Barcelona, 10/06/2010. Eran case as 7 da tarde cuando cheguei á casa despois da última sesión de absurdidades varias ou tamén chamada de avaliación/avaluació, laveime un pouco, despedinme do tripartito feminino (muller, filla e teckel), collín do estante ENTRE PARÉNTESIS de Roberto Bolaño para entreterme no metro e marchei para a Casa Amèrica, pensando que o que ía ver era a típica mesa redonda sobre o autor chileno, pois así era como viña no anuncio da axenda do día: "LOS CRÍTICOS TAMBIÉN LLORAN. HOMENAJE A BOLAÑO. Mesa redonda sobre la figura de Roberto Bolaño y sobre el nuevo papel del escritor como figura mediática. Con los escritores Margarita Posadas, Jordi Carrión, José Tomás Angola y Leo Felipe Campos. Casa Amèrica. Córsega, 299. A las 20.00 horas." Como ía/íamos pensar que a mesa redonda era nen mais nen menos que un "culebrón intelectual y sexual/culebrot intel.lectual i sexual" sobre o autor chileno. Eu cuando comezaron con Archimboldi para aquí e Archimboldi para acolá e que os minutos ían pasando e a mesa redonda brillaba pola ausencia e que tres ou cuatro membros e membras do público participaban tamén da cumplicidade dos escritores/actores que ocupaban a mesa (un deles en cadeira de rodas)... Efectivamente, o que estades pensando: a primeira parte de 2666 como pretexto para representar, culebronear, performancear, perforomancear, experimentar novos papeis, abrir novas portas.

LOS CRÍTICOS TAMBIÉN LLORAN (HOMENAJE A BOLAÑO)

Una mesa redonda convertida en un culebrón intelectual y sexual sobre la figura de Roberto Bolaño.

Una reflexión lúdica sobre el nuevo rol del escritor como figura mediática donde el personaje del autor desbanca al personaje de la novela que éste mismo autor escribe.

Un perfomance literario sobre el último gran escritor latinoamericano.

Una propuesta escénica de Marc Caellas con la complicidad de los escritores Margarita Posada, Leo Felipe Campos, José Tomás Angola y Jorge Carrión.

Basado en la dramaturgia de Alex Rigola y Pablo Ley sobre LA PARTE DE LOS CRÍTICOS, primera parte de la novela 2666, de Roberto Bolaño.

Con el agradecimiento de Carolina López.


O preceptivo debate de despois da actuación de 1 hora, que case non se chegou a celebrar, foi outra perfomance. Duas ou tres copiñas dun licor exótico de cuxo nome non logro acordarme, puxeron o ponto final á "mesa redonda". Así son as cousas da vida, meus nenos e nenas. Puro teatro.

Ana Bande dijo...

jajajajaja...que bweno, se o chileno ergue a cachola descabézaos a tos por plaxio. Bolaño tene esto, seus libros son coma aqueles xogos de laboratorio e apetece montar as pezas e velas xogar. Nos seus colofóns debería advertir da peligrosidade do asunto,"leanme y déjense de chingaderas". Puro teatro e eterna repetición do mismo. Eu non tiña un tratado xeométrico a man, pero hai anos tamén tendín algúns libros, por ver se aprendían algo, no meu caso para quitar algo de po mantiveo O Porco de Risco no balcón ollando os barquiños que adobiaban unha tarde de sol a Ría de Pontevedra.