martes, junio 01, 2010

Covalladas, Xurxo Borrazás

Covalladas. Prosa Vertical deixa unha sensación de desacougo no lector. Trátase dunha historia case surrealista, dun mal soño no que malia estar espertos e contra nosa vontade somos quen de recoñecérmonos como algún deses repelentes personaxes. Os ananos, seres adocenados, vulgares ata a náusea, son os protagonistas da ¿historia?, os habitantes da cova, é dicir, de calquera comunidade política ou país, que, desprovistos do libre albedrío, pagan penosamente cunha existencia ruda e merdenta o pecado de ter asinado un contrato social. O autor, nunha macabra broma que sinto como un empurrón cara o baleiro (o mesmo que o personaxe narrador lle atina ao seu doppelgänger) chántanos diante un espello deformante, ou non, dado que o deforme é a propia realidade. Ollamos a nosa ridícula existencia e recoñecémonos como eses ¿seres? confundidos, ridículos, lambecús, desleixados e o peor, rematadamente mediocres. Non hai quen se salve da queima e dede abaixo arriba, a sociedade que vive da cova está ademáis condenada a repetir unha historia circular nun eterno retorno que non deixa de ser a visión amplificada dun ciclo temporal máis pequeno, á medida dos ananos, pero tamén insorportable. Por veces temos esa sensación de total abandono que caracteriza a Joseph K. ou calquera outro personaxe de Kafka. Outras, sentimos case físicamente a sensación de afogo que comporta a vida na cova, a falta de ar, "a falta de matices", a escuridade, a merda dos morcegos que non damos reciclado. Aí lembrei ao pobre Truman. O periplo no personaxe do narrador, a súa soidade, a súa impotencia para entender, o seu rexeitamento a recoñecerse como un mais, cicais un sobrevivinte só por uns segundos de diferencia, mergulloume na literatura catastrofista de ciencia ficción. Imposible non lembrar o Mundo somerxido de Ballard, ou The Road de C.McCarthy. Imposible tamén non recoñecer un trasunto de Gulliver no episodio da Xigante (con "e" non sexista como ela recoñece). Pero entre tanta negrura hai moito humor, moitísima caricatura entrañable. Un exemplo, o cantante cosido, ou sexa, a censura, a corrección política, o traizoeiro tribuno da plebe (¿podería ser un sindicalista?)....ás veces lévano á entrada a cantarlles ás autoridades. Como unha ofrenda. Alí descóseno e canta mellor / ca un canario preso. Sempre obedece". Na contracapa dise que é un texto máis paródico que alegórico e cun sentido do humor que xoga a dotarse de sentido. Sen entender moi ben o que o que quere dicir o glosador, eu vexo claramente un esforzadísimo exercicio de retranca. Retranca e mala hostia, para entendérmonos. Unha aptitude que recoñezo moi ben entre os habitantes da "cova" que se negan a vérense representados pola mediocridade dos seus cantantes. E o mundo do revés, para os que entenden algo, e este falar dende a carraxe era un xénero que non tiña representante, ata agora. Parabéns a Xurxo, gustoume ler, dúas veces de corrido e sempre cun sorriso nos beizos este texto que non sei se será un excelente exercicio literario, dudo que o pretenda, pero dende logo como desafogo non ten prezo.

5 comentarios:

crispavon dijo...

haberá que lelo, logo!

detective crepuscular dijo...

Mundo do revés tamén é este do que falaba onte Antoni Puigverd no seu artigo de La Vanguardia e que tantos e tantas profes teñen que aturar a diario, sen que se lle vexa solución ao asunto, e xa non che digo nada o curso que ven cos "portátiles" individuais, que en algúns centros xa andan a experimentar en primeiro da ESO para maior gloria do électrónico "divertimento" global que nos atenaza aos alunos e mais a nós (crise, recortes, corrupción financieira e política, e Israel incluidas). Interesante o que dis do libro de Borrazás, que un servido tivo o outro día nas maos, pero que non comprou. Despois dun día durísimo nas aulas, da leitura do artigo do Puigverd, da Razón de Estadodo criminal de Israel, e do teu comentario do libro de Borrazás, un xa está para o arrastre.


EL NIHILISMO DEL CAVIAR

Antoni Puigverd | 31/05/2010

Una profesora de secundaria –mujer exigente, esforzada y cabal– se muestra muy pesimista sobre el futuro. "No es verdad que la crisis vaya a servir, como se dice, para despertarnos del letargo. Vivíamos muy por encima de nuestras posibilidades y las jóvenes generaciones, instaladas en la comodidad, siguen ignorando las dificultades que nos acechan. La crisis no corregirá nuestros defectos, como reza el tópico más usado estos días: no sabremos ponernos las pilas". ¿Y eso?, pregunto. Meresponde narrando sus experiencias diarias en el instituto, de las que se desprenden tres características: la imposibilidad de ejercer la autoridad, las enormes dificultades que encuentra el profesor para imponer un ritmo de trabajo a sus alumnos y la institucionalización de la molicie con la excusa de la pedagogía del diálogo.
...
Fatigados y desautorizados, los profesores exigentes van cediendo terreno hasta que claudican. Cada vez que un profesor exigente se rinde, unos cuantos jóvenes más devienen dictadorzuelos. Una legión de tiranos adolescentes avanza hacia la edad adulta, dispuestos a imponer su ley, una ley muy arcaica. Mi amiga profesora, como pueden comprobar, está más que desolada. Y ha llegado a esta lúgubre conclusión: "Estos jóvenes parecen indiferentes a cualquier otra causa que no sea la de su propio yo. No podrán asumir las dificultades que el futuro les depara. ¡Serán capaces de cualquier cosa con tal de salir a flote!".
...
Prometo hablarles otro día de experiencias didácticas positivas, pero hoy, mientras comparto con ustedes la desolación de mi amiga profesora, quisiera relacionar su experiencia con unas páginas de diario que me han dejado el ánimo por los suelos. Me refiero a las transcripciones del caso Pretoria, en las que unos tipos podridos de poder, dinero e influencia se reparten comisiones, manipulan las ordenanzasmunicipales, recalifican terrenos, colocan a parientes y amigos en puestos públicos, presionan a consellers, alardean de sus contactos, se jactan de sus abusos, de sus millones, de su caviar, se burlan unos de otros y demuestran un absoluto desprecio por la cosa pública, convertida para ellos en cuerno de la abundancia, en cueva de Alí Babá.
...
Los alumnos de mi amiga desolada no han leído seguramente dichas transcripciones, pero sintonizan con su filosofía. Son hijos del nihilismo del caviar. Un tiempo que ha entronizado la ironía, ha despreciado la rectitud, se ha burlado del trabajo paciente, ha adorado al becerro de oro y ha despreciado todo lo que el profesor debe transmitir en clase: el esfuerzo para aprender materias que no reportan ganancias, la paciencia lectora, la imposibilidad de llegar a fin de curso haciendo trampas, la responsabilidad individual y el respeto a las normas que rigen en la comunidad de la clase. Curiosa pedagogía contemporánea: creyendo proteger a los niños y adolescentes de los abusos del pasado (la letra con sangre entra), les ha dejado sin defensas ante los abusos del presente.

Ana Bande dijo...

Querida Cristina, ti tes que escribir, escribir, escribir, escribir....

detective crepuscular, o desacougo é o menos que podemos sentir fronte a estes contextos, pero a pervesión da moda seica marxina toda expresión emocional tamén ¿non si? e como a valentía xa non cotiza nin nos manuais básicos de seducción andamos coma perdidos, pois eu digo, amigo detective, que o primordial é empregar esa parte de cerebro "libre" de contaminacións e que sigamos falando, e opinando, e léndonos, e cuspindo, e rindo, e socializándonos ao vello xeito que é o de escoitar atentamente, é un xeito precioso de xustiza e sabedoría. Malia ser certo todo o que di ese artigo, o catastrofismo non leva a ningures e eu vexo todos os días mozxs que din cousas interesantísimas, pero ¿quen os escoita realmente? ¿quen toma un café con eles no recreo para saber o que pensan en realidade? eles rebélanse contra o poder, que somos os maiores, aínda que se escoiten moito máis as voces dos dous gallitos de turno...o importante cicais e o resto que cala ou estúpidamente confunde estratexias e imita ao "macho alfa" (ai ke me pieldoooooooo).

Anónimo dijo...

Fixádevos a qué punto chega o machismo no noso país: condear a esa pobre nai por protexer ao fillo. Así está a xustiza:

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/06/01/andalucia/1275398835.html

Ana Bande dijo...

Anónimo, es un exemplo do difícil da situación, o primeiro paso para evitar asasinatos é sentir un sinceiro rexeitamento, e iso non cho pode ensinar ninguén, é cuestión de desenvolvemento ou non, penso, do individuo como persoa. Se a ese déficit lle sumamos esoutra viiolencia que é a de plantexar o problema en termos dunha loita infantil "e ti mais" e tratar de neutralizar e frivolizar absolutamente o problema mais serio que posiblemente teñamos no noso país no respeto do mais fundamental dos dereitos, que é a vida, xa dan ganas de tirar a toalla. Todos os asaninatos por violencia de xénero, sexa contra o sexo que sexa son deplorables, ti non aceptas sequera a natural disposicion que moitxs sentimos para condear estes feitos, revirado, sen dúbida, e absolutamente plano, dunha preguiza intelectual moi insana a túa aportación, que doe e que so busca unha polémica que non me interesa en absoluto. Un saúdo.