Non atopo a violencia nos grandes relatos de cuxa certificación de falecemento están famentos tantos postmodernos, tampouco na vulgaridade coa que institucións que esmorecen ou arribistas só atentos aos bultos dos seus pantalóns nos convidan a participar, nen sequera me mete medo ollar pola fechadura do laboratorio do maior centro de enxeñería xenética do mundo, pero non atopo resposta, quedo totalmente inmobilizada física e psicolóxicamente coa falta de reacción fronte á dor allea e fronte ao desprezo pola vida de todxs esxs que declaran que a morte de mulleres por violencia de xénero é un problema menor, porque hai máis mortas en accidentes de tráfico, por exemplo, ou eses embaixadores que declaran que qué importancia terán nove mortos dunha flotilla humanitaria cando veñen de morren cento sesenta na India dos que non falou case ninguén. O cerne da violencia máis perversa, o di Haneke a cotío, é esa indiferencia e frialdade, esa falta de reacción fronte a algo que nos conmove profundamente. Esa violencia na que todos participamos e da que pretendemos saír coas mans limpas, esa que tan ben se reflicte na insuperable Funny Games. A violencia da que participamos a cada minuto que calamos e darmos por normal o horror.
Foto: detalle dunha obra que expresa unha escea dunha violencia tan desmedida como a suavidade da cincel do escultor que traballa a mármore coma se fose manteca.
1 comentario:
Te acuerdas de lo que me preguntaste el viernes? Pues al final no sé si no hay mas violencia de género en España que en Francia, por lo menos se habla mas de eso aqui. Acabo de ver en las noticias que hubo otros dos casos estos dias, a 48 horas de intérvalo. Es una pasada! Y si pienso en el numero de mujeres asesinadas este año ya me da algo... Y los que viven a su alrededor no se dan cuenta de nada, como es posible eso?! No sé, los amigos, la familia, los vecinos.... Algo siempre se nota, o no? Y que la gente se quede asi con los brazos cruzados, no lo entiendo. Hay tanta gente que tiene una mentalidad en plan "Mientras no me pase a mi, me da igual..." A ver si algun dia las cosas cambian...
Publicar un comentario