viernes, marzo 04, 2011

¡que non queremos máis corruptos oigan!



Foto: Eurorretrato da magnífica Esther Ferrer

Creo que é a primeira vez que participo nunca desas campañas políticas de recollida de firmas. Creo que falta só alguén que prenda un misto para que espertemos do letargo e marchemos aos nosos consistorios a fumigar. Mentres non chega o momento está ben que o pobo amose o civismo do que carece a nosa clase política. Así que fíxen caso aos de avaaz.org e aparte de asinar chamei a todas a sedes dos principais partidos políticos. Agás ao BNG que non estaba nesta lista, non sei se é porque é un partido supermarxinal ou supermegaético. Ogallá sexa esto último. Quería contarvos a miña experiencia porque a cousa desenvolveuse xusto ao revés do que eu pensaba. Os partidos de suposta esquerda, ou non collen o teléfono ou deixan ao cargo a un segurata bafexante ao cargo das chamadas, deixando pampa a unha grande parte da cidadanía que onte por primeira vez collía o teléfono para chamar á sede dos partidos. Neste caso do PSOE. Pola contra, o partido da dereita dispuña dun interlocutor amabilísimo e disposto a debater. Estiven uns dez minutos intercambiando pareceres cun home paciente e educado que malia que non aceptaba este tipo de accións amosou unha receptividade da que non deron conta nin sociatas nin nacionalistas nin comunistas. A propósito, IU non collía o teléfono e Convergencia asegurou que non tiña nas súas listaxes a ningún político corrupto. Non sei se valerá para algo esta campaña pero 70.000 sinaturas en dous días non é un dato para despreciar. A propósito ¿onde están aqueles de estoloarreglamosentretodos punto com? Ben, pode ser unha parvada esto das sinaturas online e o das chamadas pero polo menos serviume de desafogo.

2 comentarios:

yujiayao dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
crispavon dijo...

estou contigo, con similares dúbidas sobre a utilidade de asinar, pero a certeza total sobre o estúpido de calar e non facer nada.
bicos