Teño que elixir unha silla. Ergonómica. Ou sexa, que a partires de agora o acto de tomar asento, será outra cousa, algo deliberado. Quero dicir, que estarei sentada de xeito consciente. Que parvada ter que pensar que unha está sentada, que si as pernas debuxan un ángulo recto, que se as costas están curvadas de máis, que se por puro despiste cruzo as pernas e me volve caer o castigo. Pois bueno, elixo dúas sillas. Unha a ergonómica. Penso na crueldade dun aceno ¿deliberado? da de asuntos económicos. Esquezo. Non paga a pena. Cor vermella, a silla. A ergonómica. Pero velaquí está un novo proxecto. Unha nova lectura. E co ánimo máis ou menos recuperado fago o xuramento de que hai cousas que se deben de seguir facendo. E entón e cando me atopo co sillón Voltaire. Sentada na silla ergonómica vermella e de deseño, sento no sillón Voltaire e deixo falar ao feiticeiro...non andar cargando con tanto libro, anabande, non andar enmelancolizándose unha todo o tempo porque novamente se está de volta de tanto, anabande, non permanecer sen escribir, anabande, non tirarse nun sillón calqueira, só no sillón Voltair, anabande...o feiticeiro non para coas súas consignas mentres eu leo prospectos en clave literaria. [imaxe]
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario