jueves, octubre 25, 2012

no país dos abstemios (II)

Esta pirámide de poboación é un producto íntegramente artesanal sen valor estatístico ningún, porque está configurada non con datos de poboación total senon de electores. É un xeito un pouco máis gráfico para observar que grupos de poboación por idade e sexo foron os responsables dos resultados da pasada xornada electoral. Como ben podedes observar o de "pirámide" é un termo que quedou obsoleto para estas representacións demográficas. Nembargantes non é o nome o que está trabucado, pois esa é a única xeometría acaída para calquera colectividade cunha dinamica poboacional normal. Entendede por normal aquela na que ten unha base ampla e vai decrecendo a medida que aumentamos en grupos de idade e polo tanto garante algo fundamental para a supervivencia dun pobo como é o relevo xeracional. Ben, xa sabemos abondo da gravidade do noso problema demográfico, ao que os gobernantes actuais, nunha teima incontrolada por acadar o cumio da irresponsabilidade, relegan a un segundo plano, o mesmo que fan co clima e con tantas cousas máis. Pois ben, contando con que xa sabiamos que ao partido que acadou a maioría absoluta só lle votaron un 24,25% da poboación electora interesámonos agora por coñecer de que tramos de idade -o do sexo por agora deixámolo por irrelevante, non así os índices de alfabetización que poderían ser o quiz da cuestión)- estamos a falar cando falamos dos que votaron ao revés do que toda lóxica indica neste momento de extremo perigo de creba económica e polo tanto social. Nunha ollada superficial está todo dito, pero se tal facemos unhas operacións sinxelas. Se tomamos por poboación xoven a que ten menos de 30 anos, o resultado é de 311.470 persoas, ou sexa, un 13,54% do total de electores. Se a esta cantidade lle aplicamos os índices de abstención, votos nulos, blancos, e forzas políticas concurrintes ao proceso vemos que de aí non poden saír moitos votantes do partido que di que gañou as eleccións. Se lle aplicamos a eses mozos a porcentaxe de xente que lle votou ao pp (é dicir, se pensamos neles como corpo electoral), imos ver....saen 78.615 persoas, ou sexa, que supoñendo que todos os mozos e mozas de menos de 30 anos se votasen ao pp, estes só serían o 3,41% da poboación votante. Vamos, que os mozos e mozas non son culpables do resultado, en absoluto. Non era preciso facer esa conta con só ver o debuxo de "montefurado" que sae ao querer facer unha pirámide coas cifras de electores. Outra conta máis, ¿sabedes cando suman os maiores de 35 anos...pois satamente 1.695.746 persoas, ou sexa o 79% dos electores. Pois así é a cousa....
Fonte: INE

No hay comentarios: