lunes, octubre 22, 2012

no país dos abstemios...


...a taxa de alcolemia é, segundo da web oficial, do 45,72%. Mais a algún@s de nós gústanos botar as contas co noso vello lapis de carpinteiro, e entón resulta que non, seica non hai tanta bebedela de dios. A cousa venlle sendo así, señor fijó: resulta que dos 2.696.513 que podían estar aínda hoxe baixo a farola na procura dunha cunca de viño do país, só resultaron bébedos 653.934, o que ven sendo un escaso 24,25 % dos oriundos do país. Ollo compañeir@s, nin todo é nejra sombra, nin todo monte é cenoria (vai por ti, amigo Jose), e dende logo que non todo o que soa é unha jaita. @s que non pillamos cheas en público e non amolamos a ninguén...@s que non temos opción política que nos represente e aínda así eliximos unha papeleta case ao chou.....@s que meteron un rabo de polvo na urna.... @os que non meteron nada no sobre...todos eses que somos en total 908.560, só 254.626 máis dos que beberon, pero que non contamos para nada....eses, que somos case todos, temos dúas opcións, sucumbir xa dunha puta vez ao doce terrexío do licor-café, ou seguir coa matraca de amolarnos por tonterías coma esta....eu suxiro a segunda opción, aínda que recomendo unha lectura moi crítica do señor V.N. [e non é unha discarica]
Imaxe: O barco dos tolos, I.Bosch

No hay comentarios: