skip to main |
skip to sidebar
¿pero é que ninguén sabe sumar?
|
a nave dos tolos |
onte toda a prensa traía uns números rarísimos sobre resultados electorais, unha non pensa que teña nada que retrucar a ninguén en cuestións matemáticas pero fixen unha conta moi simple...ao número de electores españoles residentes en Galicia sumeille o número de electores que viven fóra e sobre ese total calculei a lapis a porcentaxe de votos do partido que di que ten case un cincuenta por cento de votos...pois non, en Galiza vainos gobernar con maioría absoluta absolutamente lexítima e virginal un partido que SÓ ACADOU UN 24,25 POR CENTO DE VOTOS....e aquí a calar tododios a ver se vai ter que vir Gallardón a disolvernos...agora pregúntome unha morea de cuestións...¿por que minte a información oficial? ¿por que non nos importa que nos mintan? ¿por que acatamos a autoridade dun goberno que non é representativo? cun pobo apático e claudicante dígovos unha cousa, non precisan porcentaxe ningunha, cun só para mandar en millóns chega abondo, pois sería a primeira vez...a min xa me parecía, non coñecer a ningún votante do pp era moi, moi raro...e que SON VINTE DE CEN e se nos pomos a ver en profundidade a maioría están en institucións de coidados paliativos, en pobos do moi interior ou nos bares que eu non frecuento, dende logo...pero tamén vos digo...se sumamos todo o resto das forzas que acadaron representación parlamentaria (a idoneidade deste concepto ten a misma credibilidade que a mención de honra da virxe do pilar) non son nen a metade, mirade a ver entón que é o que pasa....
2 comentarios:
Coido que só contaron cos que pediron votar,refírome aos que viven fóra de Galicia,os que non o solicitaron para eles non contan.
Unha vergonza,así conseguiron tapar a alta abstención.
A xente pasa de ir a votar coma si con iso solucionaran algo, en fin.
Xa bastante cabreada estou coa puta maioría absoluta do PP.
Unha aperta.
Lémbrate queridiña Ana o que tratamos máis dunha vez parodiando ó grande Celso Emilio Ferreiro: "Por máis que miro e asexo para esta masa informe e lerda eu outra cousa non vexo senon moreas de merda. Merda adequerida ou herda. Merda de diante i empós. Grandes moreas de merda..."
Pois eso. ¡Que reme dios!
Paco E.
Publicar un comentario