Foi outra semana de mal tempo e visto que os gurús das isobaras seguen aconsellando que non esquezamos o paraugas, imos ver se poñemos un punto de humor por aquelo cumprir co refraneiro. Ademáis estou seriamente preocupada con esto do paso dos anos. Máis que as enrugas e esa deformación dos corpos para a que estamos tan pouco preparados, realmente, o que máis me amola é a perda do sentido do humor.Un sentido ben pouco común, por certo.
A recuperación ou estímulo desta capacidade para facer as cousas un pouco máis divertidas xa hai tempo que é explotada polos xestores de recursos humanos (¿quen pode rir existindo expresións así?) para aumentar a producción. Os famosos cursos de risoterapia, que profileran coma fungos, seméllanme tan sinistros que me dan ganas de fuxir á carreira cando alguén coñecido me fala do ben que se pasa nestas sesións.
A propósito disto, hai na peli A idade da ignorancia (esto sí é unha boa terapia contra a perda do sentido de humor ¿ou non?) unha escea sobre este tema divertidísima (cando saiba furrular co muvimeiquer vola poño). Eu trato de procurar remedio por outros medios. Por exemplo, tomar unha caña con esas persoas tan especiais que lle encontran chiste a todo, postear en blós irónico/festivos, ler diariamente as viñetas do mestre do humor gráfico, abrir só os pouerpoins de persoas de moita confianza e, aínda que cada vez é menos doado, levarse aos ollos unha boa novela que desdibuxe da túa cara, alomenos perante unhas horas, ese rictus de cabreo permanente que che provoca a estupidez e mediocridade que te abafa.
A imaxe que encabeza este desbarre de post foi quitada da revista EXIT. Aos que vos gusta a fotografía tendes aquí unha boa publicación. No monográfico adicado ao humor hai artistas moi orixinais con propostas que che farán pasar un bo rato. Unha gozada para o sentido do humor e para os outros.
E como é venres, e seguro que vai chover, aquí vos deixo estas ligazóns "ad hoc".
E como é venres, e seguro que vai chover, aquí vos deixo estas ligazóns "ad hoc".
Son as consecuencias do efecto Vailima.
Miguel Calderón / Karen Knorr / Liliana Porter / Olaf Breuning / Yoshua Okon / Philippe Ramette / Plonk & Replonk / Elliott Erwitt / Teun Hocks / Erwin Wurm / Paul M. Smith / Win Delvoye / William Wegman / Anna and Bernhard Blume / Pedro G. Romero / Isaac Montoya / Tibor Gyenis / Carles Congost / Matin Parr / Marcos López / Peter Land / Urs Lüthi
VERSIÓN EN CASTELÁN:Fue otra semana de mal tiempo y visto que los gurús de las isobaras siguen aconsejando que no olvidemos los parguas, vamos a intentar poner un punto de humor por aquello cumplir con el refranero. Además estoy seriamente preocupada con esto del paso de los anos. Más que las arrugas y esa deformación de los corpos para la que estamos tan poco preparados, realmente, lo que me fastidia es la pérdida del sentido del humor. Un sentido bien poco común, por cierto. La recuperación o estímulo de esta capacidad para hacer las cosas un poco más divertidas ya hace mucho que es explotada por los gestores de recursos humanos (¿quien puede reir existiendo expresións así?) para aumentar la producción. Los famosos cursos de risoterapia, que profileran coma setas, me parecen tan siniestros que me dan ganas de huir despavorida en cuanto algún conocido me habla de lo bien que se pasa e n estas sesiones. A propósito hay en la peli de la edad de la ignorancia (esto sí es unha buena terapia contra la pérdida del sentido de humor ¿ou no?) una escena sobre este tema divertidísima (cando sepa fuchicar con muvimeiquer os la pongo). Yo trato de buscar remedio por otros medios. Por ejemplo, tomar una caña con esas personas tan especiales que le encuentran chiste a todo, postear en blog irónico/festivos, leer diariamente las viñetas del maestro del humor gráfico, abrir sólo los pouerpoints de personas de mucha confianza y, aunque que cada vez es más dificil, llevarse a los ojos una buena novela que desdibuje de tu cara, por lo menos durante unas horas, ese rictus de cabreo permanente que te provoca la estupidez y mediocridad que te ahoga.La imagen que encabeza este desbarre de post fue tomada de la revista EXIT. A los que os gusta la fotografía teneis aquí un buea publicación. En el monográfico dedicado al humor hay artistas muy originales con propuestas que te harán pasar un buen rato. Una gozada para el sentido del humor y para los outros. Y como es viernes, y seguro que va a seguir lloviendo, aquí os dejo estos enlaces "ad hoc". Son las consecuencias del efecto Vailima.
















