lunes, marzo 05, 2007

Rubén Ruibal


Rubén Ruibal foi unha das primeras descubertas neste fantástico mundo dos blogs. O seu espazo sempre estivo nos meus favoritos porque os seus textos teñen unha frescura especial, de xeito que visitar Alicia Crece é como ir a tomar una boa cervexa cun bo amigo. Mágoa que os teus "centoliños" non te deixen máis tempo para nós. Hai uns días que lin unha entrevista súa na Revista Galega de Teatro onde fala das miserias da nefasta política cultural da nosa administración sobre todo no tocante á producción dramática galega. Malia ter gañado o XIV Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais, unha ampla experiencia teatral e ter traballado co mestre Vidal Bolaño, Rubén non pode vivir do teatro. Non hai cartos para garantir a supervivencia dos nosos creadores, pero si que abondan para soterralos no monte Gaiás ou noutros fiascos culturais. Aproveito a ocasión para recomendarvos a lectura de "Limpeza de Sangue", co que acadou ese premio.














5 comentarios:

torredebabel dijo...

tamen paso por Alicia crece ainda que nos ultimos tempos non haxa cousas novas. E paso por aquí que non deixa nunca de ser unha ledicia!

marcos valcarcel dijo...

Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
(www.asuvasnasolaina.blogspot.com)

Ana Bande dijo...

Prezado Marcos,
Agradézoche o ofrecemento e a iniciativa, o meu humilde espazo estará adicado o día 9 de marzo a Casares.

Ra dijo...

Me lo han traido hace menos de una semana desde Santiago (por aquì no es fàcil conseguirlos en gallego), y en ello estoy. Rubèn siempre promete. Y cumple de seguro.
Ana, usted siempre regalandonos buenas ideas.Saludo!

R.R. dijo...

Moitas gracias polo agasallo de semellante comentario, Ana. Agora espero a crítica por mail cando teñas humor para facela.