miércoles, marzo 21, 2007

Dia da poesía...imos probar...

Foto de Man Ray A face of anatomy
Unha paixón
inducida
unha sobredose
de dopamina
inxectada
sen pensar,
como fan os rapaces,
asi,
por probar,
probar
que estou vivo,

probar sensacións,
esquecidas,
meter a cabeza
baixo a agua e non saír
ata case afogar
o que non sabía
era esta maldita
reacción
do corpo,
da alma,
da mente,
esta anguria,
esta especie
de mono,
non inducido
agora,
o que toca
e deixar que o reloxo
faga o seu traballo,
ou voltar
ao comezo
e sen querer aprender
.....nada.....
...nada...
.nada.
Besbellinha lembrome que hoxe tamén é un día internacional de algo, e como son atrevida de máis comparto con vós uns versiños.

6 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Contra a melanconía:

Gálicas

DISCURRO fríamente sobre la expedición
de títulos de nobleza o de patria indeleble;
recobro aquella tensión antigua
de las argumentaciones retóricas,
embalsamadas en jade y ónice barato;
escojo unos verbos olvidados y algún
sustantivo empedrado de hongos porcinos
-la sintaxis, por supuesto, no importa-
y me limito a reproducir un viejo apodo
sin sorpresas, con las letras imprescindibles
de cualquier abecedario, íntimo o no.
En ocasiones, respeto a los mayores
con la dicción aprendida en alguna escuela
de signos más o menos comprensibles.
Imposto algo, lo necesario,
para que no me digan que emito
con suspiro funeral la épica de nuestras voces.
Aun así, detesto esas cosillas
del atardecer en dehesas o brañas,
o la corriente lujosa de esdrújulas
al servicio de un cadáver heroico
o de una tristeza de siglos
apenas expiada.
Yo ya no espero mucho de todo esto,
quizá versificar con poco ruido
las pocas palabras que surgen de este cuerpo,
hasta que aprieten contra mi paladar
alguna moneda de plata, mezclada
para purificarla con la más limpia
de las venganzas.

O raposo dijo...

Proba superada. Podes repetir.

torredebabel dijo...

que fermoso Ana! que fermoso!

Moralla dijo...

Ola Ana:
Encantada de coñecerte. Son moralla. Pido desculpas porque tardei en responder. por fin! entro no teu recuncho con pracer porque atopo un poema teu que me impresiona, que lindo! e a foto de Man Ray. Un conxunto realmente lírico. Parabéns. Mándoche un bico entre versos
Yoli :-)

Ana Bande dijo...

Arume,
Vou pola quinta lectura e sigo impresionada...

Raposo,
Grazas, debe ser a túa cova a culpable ...preciosos textos

Torre,
Para ti unha aperta na proa dun trasatlántico...

Moralla,
Grazas pola visita, ando a ver se consigo ler o teu libro pero sempre está por aí rulando en préstamo, iso é unha boa noticia ¿no si?

Ra dijo...

No pare de probar, pues. Bravo.