jueves, mayo 03, 2007

Un post para as miñas teenagers... en especial para Miriam.


Este post vai para Miriam, unha amiga de Alma que segundo parece ten uns gustos musicais moi atinados. Pois para vós aí van unhas ligazóns a xeito de semente para ver se agroma nun grupiño de fans de tineillers deste meu humilde espazo virtual. Xa sei que non vou competir cos vosos flamantes fotologs pero un minutiño á semana ven mo podíades adicar ¿ei ruliñas?

Marcos Couso "Sokram", o seu fotolog.
O grupo vigués ECTOPLASMA ten unha boa web.
Subacuática é un espazo adicado ao graffiti, neste espazo coñecín ao Nanno, o noso grafiteiro vigués. Esto vai para algunha de vós que se está decidindo a facer belas artes....ejem...
Outro día se vos portades ben e vexo o comentarios vosos vos poño máis e mellor. Bicos.

3 comentarios:

Alma dijo...

Pois si a boa musica e a que move as xentes menos mal que ainda quedan xoves con gustos musicales que non decaen nas musicas comercias .por iso e por moitomais aprezo a Miriam JEE este blog non e o axeitado para dedicarllo a unha amiga da tua filla pero fixolle ilusion xd Mama gustame o teu blog grazar por educarme coas ideas claras so dicir que herdei personalidade ainda que as veces podias ser mais permisiva ....para a mellor bibliotecaria de todo o campus

Miriam dijo...

Saudos!
Mañá adícoche o fotolog jaja pois ectoplasma é un grupo que a verdade non é o meu favorito dos grupos galegos, pero teñen unha boa calidade musical. Algunha sei que anda pensandose se face-lo bacharelato artístico jaja eu a verdade non sei moi ben que facer..psicoloxía..fotografía...cine..teño a testa chea de paxaros xD pois xa despedindome envioche unha aperta virtual e grazas polo espazo adicado, empezan nombrandote nun blog e terminas dominando o mundo muahahaha xD bikos! espero que nos vexamos pronto!

Ana Bande dijo...

Uffffffff! son os comentarios máis emocionantes que recibín denque que naceu este blog,debo estar maior que me emociono de máis, bicos nenas, sodes estupendas.