domingo, octubre 07, 2007

A pensión Eva, Andrea Camilleri

É o primeiro libro que leo de Andrea Camilleri e cheguei a él porque é unha lectura recomentada pola profesora de galego de Alma. Tiña que elixir entre esta obra e a Esmorga de Blanco Amor e, a verdade, amoloume un chisco esta elección que a fixo desbotar, aínda que fose temporalmente, unha lectura que seguro ía deixar nela unha forte pegada ademáis dunha lembranza dun tempo alleo. O caso é que as dúas teñen moito en común, retratan cun pincel ben retranqueiro a procura da diversión e do sexo no medio da guerra e da pobreza.
A pensión Eva é esa misteriosa casa "de mala vida" que todos nós tiñamos no noso barrio. A pensión Eva da miña infancia era unha fermosa casa de pedra agachada entre enredadeiras no fondo da rúa Jesús Soría, en Ourense. Víase dende tódalas casas e balcóns e ás veces pasabamos horas ollando aquelas fiestras e aos que entraban e saían. Corrían moitas lendas sobre a casa. Dicían que se te achegabas de máis á porta saía unha vella con perruca e moi pintada e ameazábate co pau dunha vasoira. Tamén se dixo, e ata se publicou na folla parroquial, que un fulano morrera mentras estaba coas súas "plegarias" a cabalo dunha Eva.
¿lembras ti a Pensión Eva da túa infancia?

2 comentarios:

torredebabel dijo...

esta da que falas non a lin, pero percorrín por non poucos libros de Camillieri e sempre volto feliz.

Peke dijo...

Dígoche o mesmo que torredebabel. Esta lina para protexta, pero as de Montalbano e as outras son unha pura delicia.