miércoles, octubre 29, 2008

Resposta a Daniel Dominguez

Coa que o tal Daniel Domínguez non conta, pois os medios escritos teñen, aínda, ese privilexio de non ter que agardar resposta. Non se crea debate, diagamos, dos que gostamos os onfalodeprenarcisoides que escribimos nun bló. En fin, que o conto é que veño de ler unha crítica deste D.D. en Tempos Novos que me deixa perplexa. Mea culpa por ler xornais "serios". E non é porque Os mirasoles cegos me pareza unha obra mestra do noso cine, do que estou máis que segura, por certo, é o atrevemento deste periodista para desbotar unha obra e calificala de "película morta" baseándose en criterios totalmente externos á propia película. Quero dicir que nen sequera critica a película, senón erros de adaptación, de elección de metodoloxías de traballo, de localizacións, de guión, de casting...pero meu D.D. ¿vostede no cine vai libretiña en man para tomar nota do maior ou menor grao de adaptación do guión á novela orixinal? Ten que mudar de prácticas, prégollo, ou se nón, non escriba crítica de cine, por favor. As "pelis", coma os libros, coma un cadro ou coma unha composición musical responden, ou deberían responder, a moitas...digamos "maquinacións" do autor, pero nunca a obrigas e lealdades forzadas con textos previos, aínda que sexan de tan enorme calidade coma os relatos de A. Méndez. Querido Daniel, vexa vostede outra vez a película e pense que é vostede un cidadán máis pedrestre (quero dicir dos de a pé) e disfrute con cada escea (si, si, tamén coa da masturbación sacertotal) por exemplo, coa primeira na que o cura maior recolle a arma que entrega Salvador...¿non ve aí nada de nada? ¡non o podo crer! malia todo si que albiscou a impotencia de Javier. Por certo, impotencia...sexual ¿non si?...ah! bueno.

8 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Non vin a crítica, pero desde logo ten toda a razón: a película é mala de solemnidade. ;))

Anónimo dijo...

Sen querer entrar en debates sobre as opinións de ninguén (diso van as críticas de cine, de música, de literatura, de…), e sen ter lido a crítica do meu amigo e compañeiro Daniel, entendo que vostede parrafea pouco acertada cando di: “Quero dicir que nen sequera critica a película, senón erros de adaptación, de elección de metodoloxías de traballo, de localizacións, de guión, de casting...”. Fóra dos erros de adaptación (que si teñen que ver cunha película, segundo o caso), ¿non pertencen a unha película as localizacións, o guión, o casting…? Quero dicir, que forman parte da película, ergo da análise crítica que a ela se lle adique, unhas veces para gabala e outras para rexeitalas (como semella ser o caso). Teñen o mesmo valor que a montaxe, a dirección de actores (neste apartado poderiamos meter o casting), a música, e, en definitva, calquera elemento que sirva para construir o relato cinematográfico. Saúde e películas. Carlos Amil.

Anónimo dijo...

VEño de ver "El piano" no canal+ e pensei en ti todo o tempo :)Unha das primeiras veces que entrei nesta casa foi para comentar a Harvey espido je, je,je...
Lula Fortune.

Ana Bande dijo...

Arume,
Non concordo, coma case sempre últimamente. ;)

Anónimo,
Sen ánimo tampouco de entrar en polémicas, penso que dicir ser amigo do autor que eu comento e non ter lido a crítica que critico (sic) non me facilitan contestarlle doadamente, podíamos falar sen entendernos en absoluto. Aperta C.A.

Lu,
¿Onte puxeron O Piano? brrrrrrrrrrrr e eu perdendo o tempo cunha birria de DVD...depor galatasaray...en fin...

Anónimo dijo...

Anda guerreira repartindo estopa, Ana Bande. De seguir así non vai dar feito.

Sobre a película esta, que non vin, habería que preguntarlle a Galeano, que sei que vostede lle faría máis caso que ao crítico.

É brincadeira, unha broma, non se me enfade. :-)

Saúdos.

Apicultor

Ana Bande dijo...

Coidado Api...un comentario máis e prendo a mecha..5...4...3...2...
ja..ja...

Non é estopa oh, é que me amola ver tanta crítica seria tan pouco seria. Non chega con escribir ben, hai que fundamentar o que se di, penso. Outro tanto me pareceu o libro de Murado, un bo texto cun contido pobrísimo, unha escolla de tópicos do que non resulta moito máis que un texto gracioso...

anarkasis dijo...

non entendiu del to la cosa, pero padrasto mais o menos lo has dejao como Apolo a Marsyas,
ahora,.. como no me guste la pelí,...

O Raposo dijo...

Eu tampouco lin a crítica pero o balance final que fago da película (que si vin) está mais cerca da "película morta" como a define D.D. que da "obra mestra" como a puntúa vostede.
Apertas.