lunes, junio 07, 2010

Lecturas no obligatorias, Wislawa Szymborska

Detrás destas lecturas de W.S. vexo unha lectora elegante, cómodamente recostada nunha posición ben entrenada que lle permite pasar suavemente as páxinas e, ao tempo, aspirar concentradísima o fume de seu pitillo tinguido de carmín. Imaxino un sorriso malicioso que denota a súa astucia lectora erguendo tropos coma quen xoga cun meniño a descubrir tesouros. Vexo a W.S. desprecintando curiosa o libro de bricolaxe que ben de mercar na PKP Kraków Główny, trescentas sesenta páxinas de papeis pintandos, técnicas de tapizado, trucos para agarrar cravos ou para restaurar vellas sillas de madeira que esta curiosa lectora transforma nas reseñas máis interesantes que teño lido xamais. Reseñas nas que o libro é tan só o pretexto (en sentio amplo), a materia prima á que Szymborska lle engade a dignidade que merece toda escrita, en calquera soporte, sobre calquera cousa, e en calquera idioma. Os seus ollos teñen a amabilidade do cazador que se sabe responsable da supervivencia do corzo. Tamén a imaxino agochada na contratapa dunha historia de heroes esculcando sesgos e abaneándose coas follas dun calendario que nas súas mans acada a dignidade dun incunable.

No hay comentarios: