lunes, junio 14, 2010

Cita postmoderna

-Ti non serás desas mulleres "con regulamento"...
-Amigo, vivimos na sociedade de risco, terás que turrar do teu ego.
-Xa, si, pero é que teño os meus traumas, non penses.
-Eu non estou aquí para psicanalizarte ¿sabes? aquí estáse para gozar.
-Ando un pouco perdido ¿nótaseme? mira...¿imos tomar algo? creo que me estou mareando, vai moita calor aqui
-¿perdido? iso non é problema. Ti non estás no tema neno, sabemos vivir coa incerteza, de feito houbo un físico que fixo un principio sobre o tema, pero non cho vou explicar agora. Eectivamente, vai moita calor. Veña, imos tomar algo.
-Véxote moi segura de ti mesma, lémbrasme á miña nai, era así coma ti, moi botada para adiante.
-Ostia neno, en apenas catro frases fálasme de traumas e da túa nai. Es un deses individuos histéricos que se autoanalizan, un síntoma permanente no seu gozo idiota.
-Non te entendo, perdoa, estaba contestanto unha mensaxe da miña nai, convídame a xantar o domingo, creo que vou coñecer ao seu mozo ¿apeteceríache acompañarme?
-¿coa túa nai? oes... ti o da morte dos grandes relatos sóache a conto celta ¿non si?
-(...)
-Perdoa, non quería ofenderte...mira, síntoo, teño que deixarche, teño cita co endocrino e non podo faltar. Verémonos outro día se tal.
-Xa, si, seguro....esto debe ser o que chaman amor líquido...

3 comentarios:

Ra dijo...

Bauman reflexionaría sobre eso... si no lo ha hecho ya :)

lóstregos apócrifos de filosofía das silveiras dijo...

E non será que todos somos uns personaxes apócrifos?

Son optimista: fecho os ollos.

As miñas contadicións son as miñas esperanzas.

Cuando estou só é cuando podo pensar nos outros.

Cada olvido é unha amputación, e non me decato.

Eu, xa me contento con ter unha miguiña de "razón" de tanto en tanto. Aspirar a mais paréceme unha procacidade.

Teño medo, e berro; teño medo, e calo. Tanto ten: teño medo.

Quen coñece, realmente, todas as suas aversións?

Eu son a miña superstición: a superstición de min mesmo.

O meu adversario é o meu colaborador: Malgré lui, naturalmente.

Acúsanme de sarcástico. E por que non o había de ser? Si difícilmente chego a tolerarme a min mesmo!

Son un perpetuo convalecente dos meus prexuízos.

Sócrates, Maiakovski, Pavese? Os suicidios que me poñen a pel de galiña son os dos analfabetos.

As cartas de amor son sempre tristes.

É probábel que me equivoque. De todas as maneiras, teño que correr este risco.

Cuando non dou cun oponente, trato de supolo.

Detrás de cada palabra dita, cuantas fermentacións innecesarias!

Custa moito conseguir unha certeza, e aínda así sempre é interina.

Que sei eu de ti? Que sei eu de min?

Continuará. Ou non.

Ana Bande dijo...

acaídos lóstregos, voulles procurar unha imaxe a xogo e os paso tamén a primeira fila, homenon!