sábado, agosto 26, 2006

Exposición de caricaturas ¿sobre o holocausto?


No Irán veñen de inaugurar a exposición Holocust: Holocaust International Cartoon Contest. É a resposta dos "outros" ás famosas caricaturas sobre o islam que se publicaran en Dinamarca e que provocaran unha chea de atentados, mortos e debates sobre a liberdade de expresión. Así visto por arriba pode parecer moi inxenuo esto de cabrear o inimigo facendo unhs debuxiños, pero o tema e máis serio, porque efectivamente non se precisa esmagar moito os miolos para que prenda o odio latente na xente, tanto no Irán como no superdesenvolvido Occidente, e de repente nos atopemos con mil mortos. Non se pode ver este evento só como unha iniciativa do Irán porque entre os participantes hai moitos países, España, Italia, Portugal, Estados Unidos...As interpretacións dos medios son moi diferentes, para úns estamos ante unha provocación insoportable y para outros non é máis que unha manifestación cultural. Estamos chegando ata un punto en que a banalizacion absoluta das cuestións máis importantes fan que vida ou morte non importe nada en absoluto según para quén. Os que máis presumen de ter estudiado a fondo os conflictos do mundo actual andan metidos en debates que nos poñen os pelos de punta. Non son bos tempos estes.
Aquí tendes un resumo sobre o conflicto que se produciu no 2005 por mor das caricaturas de Mahoma, xa veremos o que pasa agora.
Aínda non acabara de escribir o post e xa están publicadas as caricaturas. Despois de velas he de dicir que quitando unhas poucas, o resto son unha versión internacional do noso fenómeno "El Roto". A propósito ¿alguén sabe por qué xa non publica en "El País?

No hay comentarios: