(Foto:El País)
Unha de tantas, outra máis de persecución aos inmigrantes, Francia segue na liña do populismo que ven practicando dende hai décadas. Vivimos nunha situación de desigualdade e inxustiza aceptadas voluntariamente porlos adocenados cidanáns en que nos convertimos ao aceptar sen máis os discursos prefabricados polos gobernantes máis inmorales da historia. Por favor, analizade un pouco esta noticia. O desaloxo dunha vivenda ocupada por centos de africanos: "Para Sarkozy, la operación sirve como confirmación de su discurso de firmeza y a favor de una inmigración escogida y no impuesta.Es una oportunidad para demostrar que sus palabras van seguidas de actos y que trabaja para hacer realidad su objetivo de 25.000 expulsiones anuales de extranjeros que no pueden ser regularizados". ¿Como se poden fixar obxectivos políticos tan deplorables? Pois, como se dice no artigo, porque así se contenta aos cidadáns. Uns cidadáns que xa non pensan na igualdade nin na xustiza porque só teñen medo de todo o que veña de fóra, porque o que ven de fóra, coma sempre é o diaño, e o culpable de todos os males que sufrimos. Os musulmáns son os terroristas que están infiltrados entre nós para matarnos, os rumanos roubannos as casas, os marroquíes quítannos o traballo, e así ata o infinito. Pero os italianos, os alemáns, os belgas que traballan fóra do seu país, eses non son inmigrantes, eses son alemáns, belgas ou italianos moi traballadores. En Europa primeiro creamos unha gran bolsa de emprego precario que ningún europeo quere, lla regalamos aos inmigrantes porque para eles esas situacións de escravitude son un paraíso e logo os criminalizamos por non ter os papeles en regla. No canto de perseguir aos empregadores que contratan "sen papeis" adicámonos a perseguir a estes. As leis xa non perseguen ao crime senón aos individuos susceptibeis de cometelo. En Galiza tamén temos exemplos de esta situación alegalidade, se alguen te ve enchendo unha garrafa nunha gasolineira cando todo está ardendo é moi posible que te metan na cadea, así sen máis probas, porque a sociedade precisa atopar canto antes aos culpables dos incendios. Eu teño máis medo hoxe en día dos cidadáns ben pensantes e políticamente correctos que de tódolos inmigrantes e terroristas do mundo unidos. Ata pronto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario