jueves, agosto 31, 2006

DÍA DO BLOG

A miña contribución ao Día do Blog.
Dos cinco que teño que destacar catro teñen que ser forzosamente para o recoñecemento a xente que dende os lugares dos terribles conflictos que teñen lugar nestes días, atoparon un tempiño para compartir co resto do mundo as súas vivencias.

1. O blog de Mazen Kerbaj, como xa teño repetido nos meus post foi unha descuberta apaixoante. O seu diario gráfico vai quedar grabado en moitos de nós por moito tempo. Destacan a súa expresividade e o seu persoal estilo de lembranzas picasianas. Que serva este día de celebración para que moita xente coñeza a este artista impresionante.

2. Laura Ghorayeb Tamén artista libanesa, pintora e poeta. O seu blog é tamén un diario gráfico sobre a guerra igualmente expresivo e conmovedor.

3. Hernan Zin, periodista, que nos estivo a contar dende Gaza as súas impresións sobre o eterno conflicto árabe-israeí. As súas palabras e fotografías acercounos cada día ás rúas, ás xentes, á desolación, á impotencia que se sente ante tanto crime.
4. Os bibliotecarios libaneses fixeron un blog para abrir unha canle de información e solidariedade sobre a situación na que quedaron as infraestructuras culturais do Líbano despos dos recentes conflictos.
5. Por último, e xa volvo para Galicia, unha recente descuberta. O blog Cartafol do Gardalivros, un espazo adicado ao mundo da información e das bibliotecas relacionado con Galicia. Interesantísimo e completísimo.

No hay comentarios: