lunes, diciembre 04, 2006

Witold Gombrowicz. "Cosmos"


Logo dunha fin de semana enteiramente dedicada a Gombrowicz tratarei de vos convencer e converter á súa obra. "Cosmos" é un relato para min inclasificable aínda que o autor ten claro que é unha novela policíaca, é dicir, un intento de organizar o caos. Segundo G. por eso mi Cosmos, que me gusta llamar una novela sobre la formación de la realidad, será una especie de novela policial. Seguimos tamén as súas referencias agora do diario de 1963 (traduzo ao galego): Acordo dous puntos de partida: a) un pardal pendurado; b) a asociación entre a boca de Katasia e a boca de Lena. Estes dous problemas esixen un sentido. Un métese do outro cara a totalidade. Deste xeito comeza un proceso de suposicións, asociacións, investigacións, algo que se vai crear, pero trátase dun xerme máis ben monstroso, un aborto... e este rebus oscuro, incomprensible, esixirá unha solución...procurar unha Idea que explique, que impoña unha orde...
Personaxes: Witold, Fuks, Lena, Sra. Wojtys (Dña. Bolita), Katasia, Ludwik, Leon, Krysinsky, Tulos, Jadeczka, Lulo, Lula, sacerdote.
Máis información:

Witold Gombrowicz, en el centenario de su nacimiento, Documentos inéditos, por Eduardo Gimenez

Witold G. en la Wikipedia

W.G. en Argentina. Literatura.org


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Ana.
Un saúdo dun lector de Gombrowicz dende Sarria. Ánimo con este "raro".
Por certo, tamén vin o outro día o documental sobre a mina en Potosí: da moito que pensar..
Sen mais...ata pronto.(
(pd: todavia non teño blog).

R.R. dijo...

Tentarei facerme con este libro. No 92 máis ou menos tiven a fortuna de participar nunha montaxe teatral dun texto de Witold Gombrovicz, O Matrimonio, e despois de todo o tempo pasado aínda teño gravados fragmentos enteiros que ás veces relembro con degoiro.

PD: Sei que teño débeda gorda contigo. Mañá, con algo de tempiño se me deixan, tentarei saldala coma é debido. Como lin por aí arriba que queres retirarte ata xaneiro, mándoche un bico e un ano vindeiro cheo de risas