Imaxe da esquerda: Two Women by Egon Schiele
Imaxe da dereita. G.Klimt, Girl FriendsSempre me rifas polo mal que emprego algunhas palabras. O que máis te amola é a gratuidade coa que utilizo unha que para ti semella un talismán, amizade. Seguramente tes razón e todo é cuestión de necesidades. Estes días nos que os anxos xacen mortos e os trasnos brincan arredor de min ti axexas o meu soño e me coidas como esa nai tan grande que teño aínda que se esquecese de min. Eli, espero saber estar á altura cando chegue o momento.
3 comentarios:
Precioso texto e preciosos cadros. Adoro a Schiele e Klimt :)
Unha aperta!
Jelou belukiña, ¿que tal pola capital? aproveita e aprende ben que aquí en provincias precisamos de vós. Muac!
ola!
pois si, máis vale que aprenda, que xa tou farta da capital!
biquiños!
Publicar un comentario