viernes, marzo 09, 2007

Lembranza de Carlos Casares


Ilustrísima:
Hai xa cinco anos que vostede abandonou a marxe deste país de palabras. Dende entón teño que dicirlle que un Polvo Xigante de anguria ameaza a cotío a Conciencia de Galicia porque aparte de Sarmiento, Fole, Fermín Bouza, Otero, Piñeiro, Don Vicente...quedaron moitas conversas por manter, moitas Laranxas por pelar e sobre todo moitas Historias por contar. A Semente Aquecida da Palabra non tivo tempo de agromar en novos Contos de Xustiza, que só quedaron esbozados como Os Oscuros Soños de Clío. Os Mortos de aquel verán non tiñan que ter tanta presa en levalo canda eles, total Deus seguirá moito tempo sentado no seu sillón azul....



Grazas a Marcos Valcárcel por terme convidado a esta fermosa lembranza de Carlos Casares. Aquí vos deixo unha pequena recopilación de ligazóns relacionadas coa súa vida e obra.

C.Casares na Biblioteca Virtual Galega.
Consello da Cultura Galega
Fundación Carlos Casares.
C.Casares en Culturagalega.org
Na Wikipedia
En lg3 Portal de Literatura Galega
Ficha de C.Casaren en Xerais.
Casares en Editorial Galaxi
Entravista en La Voz de Galicia (2001)

Outras ligazóns:
Ourizo azul
Imaxes de Casares no Google

Nas bibliotecas e centros de investigación.

Biblioteca da Universidade de Santiago
Biblioteca da Universidade de Vigo.
No Instituto Cervantes
Proxecto Meiga

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas pola lembranza e pola información.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas por colaborar, Ana. Dareille os teus saúdos esta tarde a XOÁN FONSECA, que lle toca ler un texto de Carlos que falaba del mesmo ("Problemas para os gordos").

Anónimo dijo...

Anabande: un luxo para a Universidade de Vigo e unha sorte inmensa para a FFT.

Ana Bande dijo...

Arume,
Por Abraracurcix, Asusanceturix e Campodetenis... vou ter que moderar os comentarios...moitísimas grazas polas túas esaxeradas verbas.
ABB

Beluka dijo...

Xenial lembranza... Adoro a Casares dende antes de sabelo, cando a miña clase de 2º de EXB se chamaba "A Galiña Azul" e o nome me fascinou...
Por outra banda, do post anterior mólame a foto. Bueno, mólame Man Ray :)
Ah! Que non me esqueza! No máster, conseguimos a Mazen Kerbaj para o noso libro! É un rapaz majísimo, por certo.
Unha aperta!! E moitos bicos, que sempre se deron

Ana Bande dijo...

Beluka
¡qué sorte contar contar con M.Kerbaj! ¡e non habería xeito de traelo por Galicia? Sabrás que ten un libro publicado coas súas ilustracións, se tés ocasión de facerte con algún exemplar non o esquezas e logo falamos. Aproveita esa colaboración, é grandiosa. Canda el traballa tamén Laura Ghorayeb, ten un blog coas súas ilustracións, unha ledicia. Sorte Beluka.

Beluka dijo...

Laure Ghorayeb de feito é súa nai! Buscarei o do libro. A verdade é que é un encanto de rapaz, espero que o proxecto saia ben!
:)
Lémonos!

torredebabel dijo...

Ana, grazas e infinitas grazas por estas ligazons! entendo perfectamente iso que di arume de que es un luxo. Claro que si!