miércoles, marzo 14, 2007

Pois non don Ramón, en Galiza non debemos ter ningun Barceló....


Pois vai ser que non Don Ramón, vai ser que non é por non ter artistas galegos de calidade, vai ser que Francisco Leiro, por poñer só un exemplo, é un pailán que só o coñecen en Nova Iorque, que fais cousas tan horripilantes como ese Sireno de aluminio que vixía e amola aos vigueses que pasean pola Porta do Sol, vai ser que aquí en Galicia os cartos destinados a cultura son para proxectos supermegaultradelaostia (con perdón), para que as futuras xeracións de galegos non só lembren de Oestrymnios e Breogáns senón tamén de Don Manuel e sucesores, ou vaia vostede saber, Don Ramón, ao mellor é que en Galicia temos unha xerarquía eclesiástica moito máis seria e non vai deixar doadamente de seguir investindo outros cinco séculos máis no filón do xacobeo. Ademáis, empezamos a modernizar a imaxinería relixiosa e mira ti o que pasa.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

O problema é ademáis que nós temos a Ramón Chao, a quen xa lle vai sendo hora de ir xogar ao dominó a Vilalba e deixar as columnas de EL PAÍS a xente máis interesante.
Por outro lado, non sabía da túa tomwaitsmanía: aquí tes a outro fan.
E por último, polo que sei, noraboa polo final da folga. E menudos tipos os que gobernan, ou non?

Ana Bande dijo...

O caso é que non gobernan pero cobrar sí que cobran. O xerente máis que Touriño, como sabes, e cando hai conflicto o mellor cando estoupan as minas que sementou vai para casa a descansar e consolidar nivel e deixa a un pailán que vai ás negociacións cun blog e un bic para provocar xa non só aos traballadores senon ao propio mediador. Unha película Arume, ata tivemos que pagar os traballadores a comida do Sr. Casas de Ron (o mediador), xa te contarei máis e polo miúdo.
Tom Waits xa é un vello coñecido pero nesta etapa volve a sonar abondo para sobrelevar mellor estes días un tanto raros...
¡saúde!

Torreira dijo...

Seguro que non miraches ben?...eu onte vin un Barcelo polo Franco pendurado dunha cunca de Licor café

Ra dijo...

Me encantó encontrar a Mazen Kerbaj, Ana.

Anónimo dijo...

Ola, Ana
Na miña humilde e ignorante opinión non é que non haxa un Barceló en Galicia, é que só hai un en Mallorca. Xente así sae, como recoñece o propio sr. Chao, dous ou como moito tres por siglo e en todo o mundo. Sería un milagre que foran coincidir dous nun mesmo tempo e en tan pouco espazo. De todos os xeitos, considero que eses xenios non son de Mallorca, Florencia ou Cangas, non teñen patria.

Ana Bande dijo...

A túa opinión pode ser humilde pero nunca ignorante amigo delahighway61, que seríamos entón nos...unha ledicia "coñecerte" na túa salsa. O meu post de hoxe e para ti, agardo que aínda estés un pouco canso porque si non non vou ter enexía para o enfrontamento que estou provocando...Bicos.