lunes, julio 23, 2007

Delicioso suicidio en grupo, Arto Paasilina

Arto Paasilinna é a miña derradeira descoberta no eido literario. A tan só dous días de rematar "O bosque dos raposos aforcados", xa tiven que ir mercar máis do mesmo porque habendo tempo, e mal tempo, por certo, non hai como meterse nunha boa historia para disfrutar das vacacións.
Trátase dun relato sobre un grupo de finlandeses que queren rematar coa súa vida e que se xuntan para elaborar un plan ao efecto. O suicidio perde aquí toda a súa aura de glamour e romanticismo, non é máis que unha saída a problemas tan terrenais como a quebra dunha empresa ou as consecuencias da violencia no fogar.


Pero na obra de Paasilinna hai tamén unha amarga crítica da tan admirada sociedade finlandesa. Os países nórdicos sempre se nos presentan como modelos de desenvolvemento, todos coñecemos as estatísticas e por que non dicilo, as lendas, sobre esas sociedades cuasi perfectas. Pero a boa xestión e as políticas máis correctas tamén agochan os seus mortos. E as tendencias suicidas dunha poboación que debería ser das máis felices do planetas fánnos desenterrar algúns deles. Paasilinna preséntanos un variado repertorio de problemas sociais que moitos non sospeitarían, as eivas dun sistema que ten enormes deficiencias no seu sistema de saúde, cunhas forzas armadas que se saben totalmente prescindibles e dadas ao consumo de alcol, problemas de medio ambiente e unha propensión á violencia en tódalas súas variantes, tamén a doméstica. E por suposto tamén as eivas dos tradicionais sistemas socializadores como a familia e a igrexa.

Esas enquisas que adoitan facer as Nacións Unidas sobre a felicidade no mundo presentaban a Finlandia nos primeiros postos, logo, deberon tomar en conta a autores coma Paasilinna e preséntannos en primeiro lugar a Nixeria reservando os derradeiros lugares para os países europeos.

Finlandia en la Wikipedia (contrastar información)

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Sempre provocándonos para que leamos. Qué cabrona. ;-D

En canto baixe á capi, mércoo.

Ana Bande dijo...

Non o merques que xa cho mando eu xunto co resto...se és quen penso, claro...Bye!

Anónimo dijo...

"O bosque dos raposos aforcados" é unha das lecturas que teño reservadas ( como larpeira que son) para degustar nas vacacións, agora engado ese "Deliciosos suicidio en grupo", xa me queda pouco para comezar a gozar e pórme ao día.
Moi interesante as análises dunha sociedade tan mitificada como a finlandesa.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

E serei... Prometo devolver paquete (non o que me mande, coño, falo doutro paquete con cousas distintas dentro, :-P ¡A camiseta mola!)

Por certo, sigo sin poder entrar no meu correo nin no meu blog. Vaille poñendo outro usuario a este bló para que non che ocorra o mesmo.

Suso Lista dijo...

Efectivamente esa "idílica" sociedade é a dia de hoxe, donde mais violencia domética existe, ainda que eu creo mais ben, que é donde mais se denuncia. En Nixeria as mulleres son simples obxetos, e nunca de momento, haberá unha denuncia por maltrato hacia un home. Volverei por aquí.

Mrs.Doyle dijo...

Grazas pola recomendación e polos ánimos.

leco dijo...

Quería repetirche in person a axuda que che ofrezo para a migración, os datos telos no meu blog. E ademais, como acabo de ver esta proposta de lectura que, a verdade me atrae moito, mais o outro libro de que falas, aproveito para darche noticia dunha historia que montamos hai poucos meses: Lemos galego, que é unha rede de lectores en galego. Está todo explicado no blog mais en dúas palabras: os usuarios abren conta en Twitter cun nome que comece por lg_, do estilo lg_leco e deixan comentarios sobre o libro que van ler/están a ler/xa leron. Todos estes "chíos" pois iso é o que significa twitter, van para un segundo blog que se actualiza automaticamente por RSS e podemos saber e deixarnos aconsellar polo que o persoal está a ler. Mesmo fixemos o primeiro concurso de microrrelatos que foi gañado por Peke
Eu fun a armadanzas e logo deixeino bastante abandonado por culpa do traballo, que non me deixaba tempo para nada :( mais volvo á carga de novo así que, se te animas... xa sabes onde andamos.
E grazas de novo polo teu comentario, que me encantou XDDD
Apertas

Anónimo dijo...

Hola, Ana. Leí tu comentario de Schulz en Libro de notas: para mí también un autor genial. A Gombrowitz lo conocí vía Vila-Matas. Hablas también de Alexandre Vona; ¿me puedes recomendar por dónde empezar? Te lo agradecería.
Por cierto, respecto a _Delicioso suicidio en grupo_, en el blog Libro de Arena, ponían esto, por si te apetece asomarte a _En picado_ (yo lo he cogido, aunque aún no me he leído ninguno de los dos; tengo cola de libros): «Como ocurría con la magnífica En picado de Hornby, no parece éste material para una comedia. Pero sin duda alguna, Delicioso suicidio en grupo lo es, aunque todo hay que decirlo, más burda y esquemática que la del inglés. Sus personajes son casi siempre meras caricaturas. Y ello, seguramente, por lo elevado de su número, que impide una adecuada caracterización y que el lector les tome cariño y pueda identificarse con ellos, como sí hacía con los cuatro "héroes" de En picado, pese a sus terribles errores y defectos, o precisamente por ellos.»

Ana Bande dijo...

Leco,
Mirarei todo eso e tamén o do twitter aínda que non me convence moito ese sistema, xa veremos. Grazas por todo, agora paso pola túa casa.

Ana Lorenzo,
De Alexandre Vona tienes un libro "La Ventanas cegadas" que es todo un descubrimiento, algo he comentado aquí (http://anabande.blogspot.com/2006/06/las-ventanas-cegadas-de-alexandre-vona.html).
Respecto a la obra de Paasilinna estoy de acuerdo, demasiados personajes pero creo que es una clara intención del autor involucrar a mucha gente en su historia y a algunos si les coges cariño, a los principales Rellones, Kemppainen y Helena Puusaari, los "organizadores". Ahora mismo voy a ver todo ese que me aconsejas y gracias por la visita, ven cuando quieras.

Anónimo dijo...

como aprendo con vostede! e con imaxinación!
Yoli

Anónimo dijo...

A primeira vez que me informei da violencia doméstica en Filandia flipei, pero xa vexo que non era un erro.
Con respecto ao libro que recomendas, vin algunhas reseñas e, a pesar de que non eran malas, tiroume para atrás o título (que parvada, non?). Coa túa teño creo que se me quitan as reticencias.

R.R. dijo...

Como ves, os de google devolvéronme a conta. Creo que vou volver a casa, ;-D