A algúns pensadores, periodistas, intelectuais....só os coñecemos pola polémica que suscitan nos medios de comunicación. A maioría son operacións de propaganda e ata de autopromoción para acadar un pouco de atención, un pouco de tempo, nada menos, agora que vai tan caro. Estamos ademáis tan afeitos a que outros opinen por nós que xa nin intentamos achegarnos ás obras "clasificadas" (máis ben maldicidas) polas tendencias políticas que seguen a confiar e potenciar o rexeitamento das masas pola letra ben impresa. En fin, o que vos quero dicir é que un destes supostos malditos, como Finkielkraut, nin morde nin contaxia enfermidade ningunha, nin tampouco Houellebecq, por traer aquí a outro francés ao que tamén quixeron plantar lume hai pouco. Nosotros, los modernos, é unha obra de filosofía das que se entenden, iso xa non é pouco. O problema, como en tantas ocasións, unha tradución de dicionario que non ten demasiado en conta a sintaxis, pero en fin...(recomento o artigo do blog de cine y política sobre a polémica).
Entrevista en El País
Wikipedia
Red Voltaire
Gees
En blog Cine y Política
3 comentarios:
Perdín o teu email...
Remata a etapa madrileña e volvo á aldea unha tempada. Pasarei por Vigo do 25 ao 30, se estás na FFT, avisa.
Agora a ver a nova etapa... por agora só é de incertidume.
Unha aperta grande
ambb@uvigo.es
Estarei en agosto. Vémonos.
Moi bo. Este é un post que informa sobre unha nova lectura, ademais de ser crítico cunha realidade. Si. Hai sempre manipulación na fama literaria e á hora tamén de
traducir en función do que se pretende fomentar, a que público e en que época. Mais ás veces eu xa penso que é inevitable nestes tempos que corren, mentres non fagamos dano a outras persoas...
Unha aperta Ana, bo verán, vexo que es de Vigo, boa cidade.
Publicar un comentario