Sentencia de Alfonso X "El Sabio" no pleito dos veciños de Ourense contra o Cabildo e Obispo da cidade.
Arquivo do Concello de Ourense. [foto: Ana B.B]
Veño de coñecer unha importante noticia sobre a recuperación do patrimonio documental e histórico en Santiago e Ourense. O Proxecto Urbe, do Consorcio de Santiago, presentou un macroprograma que pretende recuperar os documentos relacionados coa historia de Santiago. Por outra banda, o Arquivo da Catedral de Ourense vai ser tamén dixitalizado. Neste caso o proxecto forma parte do plan "Fuentes de Estudios de Historia Leonesa". Chama a atención que o traballo non responda a un interese da nosa comunidade, que sería o lóxico, pero logo de séculos de escurantismo non imos poñer reparos. A época tecnolóxica axuda a afrontar este tipo de proxectos pero non deberiamos esquecer o labor tamén titánico dos que soterraron parte da súa vida na recuperación dun patrimonio só existe grazas a un durísimo e non recoñecido traballo de investigación. Estou a pensar en Emilio Duro Peña, unha persoa con apelidos moi ben acaídos pero víctima dunha incomprensión absoluta que deixou uns traballos tamén titánicos nos que as ferramentas tecnolóxicas pouco máis eran que unha boa lámpara (aínda que esto é dudoso) e un lapis. O noso patrimonio documental aínda precisa de moitas medidas se queremos evitar máis desastres. Os arquivos dos concellos, por exemplo, son cotos illados onde as perdas son xa irreparables. A foto que vos presento é dunha sentenza de Alfonso X milagrosamente recuperada polo arquiveiro do concello de Ourense, D. Francisco Espino Domarco. É unha reliquia, os documentos medievais deste concello cóntanse cos dedos dunha man. Este, por exemplo, foi recuperado grazas á sensibilidade e profesionalidade deste arquiveiro do que tamén diremos en pouco tempo que enterrou moitas horas para mirar por uns papeliños de nada. Da para moito esta historia da triste desaparición de documentos, e como este post era para felicitarnos, pois eso, parabéns por estas medidas, e que se multipliquen, xa falaremos, se queredes abrir un debate, deste tema.
5 comentarios:
Ahhhh!!! el patrimonio documental, está por escribir la historia de su destrucción al modo de Fernando Báez (Historia universal de la destrucción de libros) y en Galicia en particular ...seguro que podríamos contar mil tristes anécdotas, por ejemplo, cuando el profesor Barreiro contaba la utilización de los pergaminos como inmejorable método de conservación de los chorizos de la tierra, en fin.
Na procura de datos para facer a miña árbore xenealóxica descubrín que moitos documentos van desaparecer en non poucos anos ( comestos das humidades, insectos ou ratos ) cando sería ben doado - non sei se caro ou barato - a súa simple conservación mediante unha cámara dixital. Culpa de iso, supoño que por falto de medios, non sei, téñena as autoridades eclesiásticas, que aínda permiten que vellos libros estén baixo a posesión de párrocos de aldeas case tan vellos coma os libros que gardan.
Estou a falar, claro, dos libros parroquiais de bautismos, vodas e defuncións.É destacaría a amabilidade e facilidades dadas polos encargados do arquivo histórico do Bispado de Ourense fronte os atrancos atopados no Bispado de Tui.
Prezado Bouzafría,
Levas razón, os arquivos parroquiais xa levan demasiado tempo no corredor da morte, a salvación está nas mans dos mormóns co seu proxecto de dixitalizar absolutamente tódolos arquivos históricos e a cambio facilitan unha copia. Curioso método de conservación se non fose pola enaxenación da memoria e o medo que suscita saber que todos estamos "fichados" baixo unha sinistra mámoa de Utah. Máis información: familysearch.org
Diso xa escoitara falar algo. Pero no noso país, ¿sería tan caro que algunhas persoas tiren fotos nos arquivos? O tempo corre, e algúns documentos xa son ilexibeis.
As veces semella que nin eles mesmos coñecen o valor que teñen os documentos que gardan.
Non seria nada caro, hoxe hai tecnoloxía abondo, o problema e a falta de sensibilización co tema por parte dos que teñen a responsabilidade de xestionar os cartos e o patrimonio. A cultura que está de moda é a que da cartos a curto prazo, os productos tan "mega" como efímeros, megamuseos, megaexposicións, megaespectaculos....e logo, como dicimos por aquí, pasou o día. Namentres o patrimonio apodrece nos anaqueis metidos en caixas de cartón (no mellor dos casos). Amigo Bouzafria, sería moi barato acometer dunha vez proxectos serios de conservación, aos políticos e moitos intelectuais éncheselles a boca tódolos días falando da defensa da lingua, da identidade, do propio...e conscientemente deixan que os bechos papen protocolos, libros de actas, privilexios rodados, testamentos, etc, etc...e senón que llo preguntes a profesionais tan respetables como o arquiveiro do Concello de Ourense, por exemplo...pode contar mil e unha falcatruadas dende que é responsable do arquivo municipal. Amigo Bouzafría, na conservación do patrimonio andamos en plena prehistoria, cande nos decatemos non quedara nada, nadiña, e iso por falar de documentos antigos que se facían en soportes de extraordinaria calidade. Non quero nin pensar no que será dos rexistros que hoxe só temos en soportes dixitais e que non se envían a ningún arquivo para a súa conservación. Nos cargamos conscientemente a memoria pero tamén a defensa dos dereitos de moitos cidadáns.
Publicar un comentario