Celebro aínda que con retraso, o primeiro aniversario deste blog cun desexo, que este autorretratado volva coller os tubos e os pinceis e me agasalle coa felicidade de velo disfrutar facendo unha das cousas que máis lle gostan, pintar, debuxar, manchar lenzos e máis lenzos. Certamente poucas cousas nos procuran máis felicidade que materializar os nosos pensamentos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Pois si que parece un pintor gracioso.parabens polo cumpre anos.
¡Ese tipo é un showman! (lembro aqueloutra foto ó estilo Freddy Mercury). Oxalá todo vaia algo mellor por esas terras.
Un abrazo, ánimos e felicitacións.
que os desexos se cumpran e que as celebracións aleden o espírito e animen a continuar o teu labor na rede. gústame lerte, aprender as cousas que traes aos ollos, que mestures a información con esa perspectiva que amosas, que patexes, por exemplo, pola aldraxe dun libro ou que cuestiones temas como a ecoloxía comercial que se vende como a solución de todos os nosos males.
Este tío o que é e un paiaso. pero claro, o mellor e que precisamos máis dun paiaso para ver a vida doutro xeito. O desenfado e a ledicia non están pelexadas ca seriedade da farándula e da propia realidade e eso sabeo ben claquera home/muller de teatro, espectáculos varios,...
André de rabal
Grazas e ti que tes moitos máis que cumprir que así o fagas.
RR.
Ok,xa todo vai volvendo á normalidade, grazas polos teus ánimos.
Beatriz,
Alégrome saber de tí, coma sempre, agora mismo corro a ver con que nos agasallas que hai tempo que non te miro/leo
Anónimo
Pois sí, é un paiaso dos grandes sempre consigue facer felices a todos os que están ao seu carón.
Publicar un comentario