Ás veces o inesperado amólanos pola súa impertinencia, foi o que eu sentín cando me topei por vez primeira con este "ready made" urbanita. Agora, tras convivir con esta imaxe un bo tempo, agradezo a súa presenza esporádica como símbolo da resistencia de Vigo a ser unha cidade como tantas outras. Hai que consolarse dalgún xeito. Aquí o tradicional non se resigna doadamente a desaparecer baixo os cascallos da especulación. Antes alporizábanme moito estes contrastes, sempre aberrantes, e semellábanme síntomas dun mal gusto que farían moi difícil a vida nun entorno tan carente de beleza. As galiñas exultantes pasean á beira da Gran Vía. Un labrego coidando a súa leira a carón da Praza de América. Lembro que hai anos saín unha noite dun hipermercado e sen saber como vinme rodeada de leiras e corredoiras que se multiplicaban nun labirinto do que non me foi doado saír, non atopaba ningunha referencia coñecida, creo que estaba por Lavadores. Hoxe van quedando menos illas do pasado e van aparecendo eses proxectos-monstro que compiten por agachar a ría da vista dos vigueses. Ás veces hai sorte e a necidade e cobiza dos xestores de turno fan que se paralicen algunhas obras, caso do Auditorio, e podemos disfrutar un pouquiño máis dos azuis do ceo e do mar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
É o que tem vigo, esses contrastes de cidade e rural.
Assim, sem sair do mesmo centro podes atopar o rural no meio de grandes edifícios, ou a vivienda unifamiliar embutida entre edificios.
http://www.ngulenaiquoc.blogspot.com/
Publicar un comentario