Vía Angel Mata veño de coñecer esta maxistral exposición de Emilio Calatayud, o xuiz de Granada coñecido pola súas exemplares sentenzas. Estes son os verdadeiros superheroes aos que cumpriría adicarlle moitísimas horas de televisión e radio, milleiros de artigos de periódicos e centos de teses e traballos de investigación. Sen dúbida son excepcións que confirman as detestables regras da mediocridade que medra día a día ateigando tódolos postos de responsabilidade, pero paga moitísimo a pena escoitalo, é como unha brisa fresca que levanta a pesada capa de po do noso conformismo.
Boa fin de semana a todos.
Primeira Parte:
Segunda Parte:
3 comentarios:
eu puidem escuitá-lo em directo, pois veu convidado polos licéus da Estrada para falar-lhe à rapazada de 2º ciclo da ESO (14-16 anos). O melhor de todo: um juíz explicando o Direito Penal e 200 adolescentes sem dar um chio e totalmente engaiolados polas palavras do ponente. Engaiolados.
El Brujo don Carlos me envió por email los videos. Magnífico el juez, que sabe de qué habla, pues él -manchego- vivió toda su infancia en un internado muy duro.
Soy madre, y sé lo difícil que es esto.
un beso.
O mellor, a comparación de pai pre e post constitucional. Moita razón ten en moitas cousas e, de certo, é imposible non prestarlle atención.
Vémonos pola fft! Qué remedio! Bicos mil!
Publicar un comentario