jueves, octubre 18, 2007

Feria Puro Arte, 2007

Foto: Dead Dad de Ron Mueck Via Nocturno Vulgar


Hoxe inaugúrase en Vigo a Feria Puro Arte. Logo da boa experiencia da pasada edición, recoméndovos a visita a este evento artístico no que se pode disfrutar simultáneamente dun conxunto de máis de dúas mil obras de arte dos máis variados estilos e artistas, para tódolos gustos. Na imaxe poño unha obra do hiperrealista Ron Mueck. Este estilo, nada novedoso por certo, é dos máis admirados hoxe en exposicións de arte. Da que pensar esta volta ao demasiado explícito. ¿que é o que atrae destas obras a tanta xente? Moitos espectadores séntense aliviados porque son quen de recoñecer a mensaxe nunha obra de arte contemporánea, o que non é pouca cousa. Outros, ven confirmadas a súas ideas fixas sobre o que en realidade sempre foi a arte, un reflexo da realidade "tal e como é". A perfección, a beleza, a finalidade de toda obra é o parecido coa realidade, "como a fotografía". Máis nalgúns hiperrealismos hai algo de morboso, ou de mórbido, que ten a mesma etimoloxía, que coido que é o que atrae aos turistas (termo mellor acaído que espectador, neste caso), hai un xogo no que as estratexias do mercado entran no obradoiro... Unha feira como esta tamén vos permite observar moitos aspectos colaterais do mundo da creación artística.

4 comentarios:

INTERFERENCIA dijo...

En primeiro lugar, gustaríanos felicitar a autora deste blog.
Evidentemente, ó noso entender, dende a aparición da fotografía a arte cobra sentido -referímonos especialmente ás artes plásticas- como representación. Aínda que tampouco somos partidarios da "arte" de Ron Mueck, hai que afirmar que o hiperrealismo moitas veces exaltando a realidade tenta transmitir unha mensaxe moito máis profunda, como poderíamos observar nas pinturas de Antonio López, ou moi recentemente no filme Promesas do Este de David Cronenberg. Impresionante o hiperrealismo da secuencia da loita nunha sauna, que non é senón o pretexto para amosar os rasgos de identidade dun dos personaxes.
Por último, dicir que o terreo do abyecto ten un largo tránsito na arte desde os anos 60 pero non están establecidas unhas categorías estéticas claras sobre o mesmo.

SurOeste dijo...

Mundo hiperbólico: hiperrealismo, supertetas, king-size, supertaconazos. Espectáculo ata a turbación estomacante, se é que isto é posíbel. Como xa todo tende á homoxeneidade a única maneira de diferenciarnos é aumentando a gradación.

Ana Bande dijo...

Interferencias,
Grazas polas felicitacións. Non entendín moi ben a primeira frase. Precisamente eu penso que é ao contrario, dende a aparición da fotografía, a arte precisamente o que non é e representación, se con esta verba querémonos refirir a un significante da realidade. A fotografía non é tampouco un sustituto da pintura. Ao contrario, moitos pintores incorporan carácterísticas propias desta nova arte, enriquecendo moito as súas propostas.
Dende logo, dende o hiperrealismo hai propostas moito máis interesantes como as que lembrades, con Antonio López á cabeza.
Suroeste,
Sempre de acordo con vostede...logo nos chamarán apocalípticas!!!

INTERFERENCIA dijo...

Efectivamente, Ana Bande. Onde pon representación debería poñer interpretación. Un erro pola nosa parte derivado de escribir sen pensar demasiado.