Can sen dono, lembreime de ti cando lin párrafos coma este...¿por que sería?
En una sociedad en vías de descomposición,l en la cual la búsqueda de una identidad y de una integración social se ve constantemente frustrada, el joven obrero puede encontrar en la "cultura de la empresa" y en el "patriotismo de la empresa" que la firma le inculca un sustituto de pertenencia a la sociedad global,un refugio contra el sentimiento de inseguridad. La firma le propone el tipo de seguridad que ofrecen las órdenes monásticas, las sectas,las comunidades de trabajo: le pide que renuncie a todo -a toda otra forma de pertenencia, a sus intereses e inclusive a su vida personal, a su personalidad- para darse en cuerpo y alma a la empresa que, a cambio, le dará una indentidad, una pertenencia, una personalidad, un trabajo del que puede estar orgulloso: se convierte en miembro de una "gran familia". El lazo con la empresa y el colectivo de trabajo de la empresa se convierte en el único lazo social, absorbe toda la energía, moviliza toda la persona del trabajador y contiene para éste el peligro de la pérdida total de sí en caso de que deje de merecer, por la excelencia indefinidamente creciente de su desempeño, la confianza de la firma, la consideración de sus compañeros de equipo.
3 comentarios:
A obra de Gorz paréceme moi interesante, sobre todo o que fala do final do traballo e a súa redistribución, eu engadiría hoxe, invención. Son as súas unhas reflexións intelixéntísimas e doadas de entender porque reflexan exactamente a situación do sistema capitalista. Gorz quería mudar as mentalidades para ese novo espazo que precisa o novo sistema. Falou da necesidade de rachar con vellas concepcións do traballo que fomentaban a servidume, pero os cambios non se fixeron e deixamos que se monetarizaran absolutamente tódalas actividades de xeito que as súas prediccións cumpríronse, e hoxe fáisenos crer que existen novos empregos cando en ralidade o que hai son novos espacios de dominio para un sistema capitalista que non quere someterse a autocrítica algunha. (perdón pola prolixidade)
Ola, Anita...! Efectivamente, iso sóanos (a ambos, nonsi?). Hai quen cre que o capitalismo do presente e, se cadra, tamén do futuro, pasa paradoxalmente por seguir as vellas fórmulas precapitalistas. É dicir, por recrear as relacións feudais, onde o empresario adopta o rol de señor de forca e coitelo e os demáis non somos senón peóns ou vasalos que, por riba, temos que render preitesía e estarmos "quietiños" e agradecidos a aquél por protexernos das inclemencias do mundo exterior, chegando a axitar a pantasma do desemprego cando cómpre. Pero é obvio que algúns non comungamos con rodas de muiño. Ou tentámolo máis ou menos exitosamente. E síntoo ben pola boa xente que non é quen de desligarse dese modus vivendi que chega a revestir caracteres mesmo patolóxicos, por non poder ou por ter interiorizado ese descurso propio de épocas de sindicatos verticais...
(Parece que falo en chave, pero tí enténdesme, verdade, miña nena?)
¡que si te entendo! o que pasa que cans sen dono quedan tan poucos....¡canto mellor nos iría a todos ser quen de afrouxar as cadeas e deixar voar o rabo e a imaxinación...! Os que se quedan no sistema...non me dan mágoa porque tamén poden elixir. Si, certo, non é doado, e ademáis ¿quen te vai entender aí fóra? A miña fórmula mentres tiven que aturar o sistema foi coidar dunha parte da miña cabeciña para poder ter un pensamento autónomo, libre, sequera unha vez por día, ou por semana...¡xesús! é como o sistema penitenciario, lémbrome de Steve McQueen dálle que dálle á pelota. Nós o mesmo, explicando a constitución e maquinando ao tempo como carallo saír de alí. Lembro moitas tardes explicando aqueles psicotécnicos ao tempo que ollaba como unha muller tendía a roupa que ía sacando da lavadora...¡que escea paradisíaca me semellaba enton...!aínda sigo disfrutando, ainda que menos cando teño que ir tender. ¿sabes a primeira cousa que fixen ao saír? Fun ao mercado e quixen mercar unhas sardiñas...mimá, menudo chimpo peguei cando me dixeron "sonlle a 8 euros o quilo". A última vez que fóra a un mercado había uns 11 anos e case as regalaban...¡podiamos escribir un libro sobre o sistema! ¿non si?
Publicar un comentario