miércoles, octubre 17, 2007

Moito cantante solto anda por aí.


Foto: Viñeta de Forges publicada no diario El País (10.03.98)
Téñolle especial cariño a esta viñeta porque amosaba exactamente a farsa dunhas oposicións á Deputación de Ourense nesas datas. E seguimos igual, por exemplo se mudamos Deputación de Ourense por Universidade de Vigo (é un dicir) e parentes por cantantes (é outro dicir...) a película segue sendo a mesma. Forges asinoume este debuxo con ocasión dunha conferencia en Santiago. Foi unha experiencia ver a todo o público partíndose de risa, poucas veces teño asistido a conferencias tan divertidas, bueno, en realidade, nunca. Logo de ver (Forges ía debuxaba ao tempo que ía falando) e escoitar ao mestre tiven que aturar unha aburridísima intervención dun destes "novos valores" da nosa cultura (non vou dicir nomes non sexa que me pechen tamén o bló) que ademáis e non aportar absolutamente nada aínda se permitiu criticar e ata desprezar ao debuxante, comezou a súa intervención dicindo algo así como "...Bueno, xa sabemos que o mundo é algo máis complexo que esas mulleres con rulos que debuxa Forges...", a ignorancia hai que ver que atrevida é.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

"Partíndose de risa", home por favor. ISTO É UN ESCÁNDALO.

Ana Bande dijo...

Welcome to Tijuana Torquemeada (sic) é que ás veces esquézome de que anda vostede por aí...