Imaxe: Xaquín Marín. Trinta anos de humor gráfico en Culturagalega.org
[Aproveito este post para reveindicar que os debuxos de Xaquín Marín pasen ás primeiras páxinas da Voz de Galicia]
Unha voz crítica sobre a consideración da cultura únicamente como sector productivo e a utilización da mesma simplemente con fins electoralistas. O profesor afirma que neste tema tódolos partidos e opcións políticas, dende Fraga ata hoxendía, non hai diferencias, "todo venden aire...". Unha crítica ben atinada a este modus operandi que nin distingue entre o pemento de Padrón e unha obra literaria.
-A moitos políticos traizóalles o deseodorante, o inconsciente. Son xente que non cre na cultura, per considera que esas ideas nas que non cren son boas en función de que teñan rendibilidade económica. ¡Noutros países ou noutras épocas é impensable dicir que a cultura é importante porque produce beneficios económicos! E esa xente cae na trampa seguinte: a cultura só é importante se a transformo en cartos, pero a cultura é unha mercadoría que non se consume dentro de Galicia, que se ofrece fóra...
-Como se foran patacas ou pementos...
-¡Claro! Pero iso o di unha xente profundamente inculta, profundamente ignorante e que entende que con iso está satisfacendo ao público. ¿E entón quen é o consumidor básico desta cultura?
-¿Os xaponeses?
-¡O turista!...
-¿Que faría vostede coa Cidade da Cultura?
-Eu que sei! Propuxen nun artigo vendela, pero non a podes vender porque ninguén a quere comprar...
"Un sector aínda desartellado". Esta fin de semana Compostela acollía o I Foro Profesional da Acción Cultural.
4 comentarios:
Pode ser que aos políticos non lles interese a cultura, pero interésalle aos culturetas? Interésalle a poesía a un arquitecto? Interésalle a un pianista un libro de ensaio sobre o marisqueo na ría de arousa? Interésalle a un historiador as novas tendencias en escultura? Podes ter unha curiosidade intelectual, pero desde logo cando che preguntan que farías coa Cidade esa sempres varres pa casa: se es cineasta, unha cinemateca; si es literato, unha biblioteca; se es arquitecto, por suposto, o edificio enteiro, o de dentro que lle dean. E así ad libitum. Os políticos serán uns incultos, pero non moito máis cós propios culturillas.
Pero o tema non é ese, penso. Os arquitectos, escritores e creadores en xeral non teñen como función xestionar os cartos, son precisamente os políticos, os que teñen que fomentar que a escultura lle interese a un pianista e que o arquitecto lea poesía, e o que é máis importante, que lle interese ao carteiro, ao policía, á xuventude, etc., e para eso hai que fomentar a creación, hai que empezar por abaixo. Se non temos músicos ¿para que facer un auditorio? Se non temos unha boa escola dramática ou de cine ¿para que queremos salas de proxección? Se non temos ideas...¿de qué sirve o papel? E para que haxa escritores, músicos, pianistas hai que investir na formación e tamén na sensibilización do público coa cultura, por exemplo creando unha rede de centros, auditorios, salas de teatro á medida dos núcleos de poboación, preto do cidadán, xusto ao revés do que se está facendo agora, pechar cines e teatros en pequenas cidades onde son maís precisos.
Anabande: hai que chamar ao Rubén para que veña. Menudo notición: premio nacional de Literatur dramática. Se o rapas,...
Joder, tiñades que avisarme para que viñera ler este post, co meu chiste favorito do Marín e esta peachoentrevistajaaarl (que diría o mestre dlH61). Impresionante. Mola. ¡E eu aínda non o vira! ¡Nin a lera!
Publicar un comentario