A Vicerreitoría de Extensión Cultural da UNIVERSIDADE de VIGO ven de programar o Obradoiro de elaboración de pan biolóxico.
A DICTADURA DOS IDIOTAS
Esto é o que estamos a presenciar, amigos, nin máis nin menos. Os programadores culturales desta nosa universidade, disfrázanse un pouco de nacionalistas para disimular a súa abstinencia cultural e veñen de presentar unha oferta de cursos que non ten desperdicio. E ollo con criticar nada, que todo o que cheire a aldea, aínda que sexa ao estrume do que non son quen de saír, é sagrado. Pero non amigos, os novos caciques, por moito disfraz de gaiteiro que vistan, non enganan a ninguén. Non teñen nin idea do que significa galeguismo. Non son quen de imaxinar nada máis que un vello con boina cando lle falan de Castelao. Esoutro día, por exemplo, un profesor universitario, especialista en filoloxía galega para máis inri me dicía todo todo fachendoso él, que especialidades coma Belas Artes non teñen categoría para ser estudos universitarios. Quedei pampa. De súpeto imaxinei a cara que se lle quedaría a Seoane, Díaz Pardo a ao mesmo Castelao ao escoitar a esta nova xeración encargada de estudar e investigar sobre Galicia. Eso sí, a elaboración do pan caseiro e a pandeireta pódense estudar xa nesta nosa universidade.
Pois claro que si. ¿que ten de malo a pandeireta? E por suposto, a elaboración do pan caseiro (hmmm!!! que delicia o pan de Cea!!!) sempre debeu formar parte do plan de estudos universitarios, unha materia transversal, si señor, calquera llo vai discutir. E as aulas cheas que para eso agasallan cun crédito aos alumnos. ¿para cando un curso de extensión sobre polbo á feira ou a complexa elaboración e estudo do cocido galego?
Eso si, bibliografía axeitada e da casa xa a teñen..."Olores e sabores do saber" ¿lembrades?
Eso si, bibliografía axeitada e da casa xa a teñen..."Olores e sabores do saber" ¿lembrades?
¿e o Coro Universitario? Un trampolín para a fama, colegas. Deixádevos de operacións triunfo (¿quen se lembra agora de Enrique de OT?). Cantar no coro desta nosa universidade, non é cousa de risa. Se tés antecedentes mesmo podes facerte técnico de cultura en dúas horas, e se non comeza canto antes. ¡DOUS CRÉDITOS POR CANTAR!
3 comentarios:
Se se dan cursos de guitarra non sei por que non de padereta. Eso sí, o do Coro unha verzonza autentica, este ano nin foron cantar na inauguración do curso.
No campus de Ourense se vas de excursión seica che dan un crédito.
Sen ningunha dúbida, esta é universidade "guay del paraguay".
Muy buenoooo!!!!!!!
Publicar un comentario