martes, octubre 16, 2007

Total por 15.000 libros....bueeeeno, total 40.000 libros....



Foto: Obra de Alicia Martín


A triste historia do Gaiás non é outra que a da tradicional incompetencia dos nosos políticos, tanto ten que manden os do birrete como os da boina, a única diferencia é que uns mercaron os diplomas nunha high school e os outros gábanse de non precisar estudos. E a tragar, que os máis listos din que temos os políticos que merecemos. ¿que se perderon os 17.000 libros mercados a Don Alonso Montero? Pero vamos a ver, pódese perder un libro, ou vinte, ata cen se me apuran, pero ¿17.000 libros? ahhh!!!....que tamén se perderon os 20.000 da biblioteca de Basilio Losada...pois entón vai ser que se empregaron como material de recheo nesa inmensa fosa común dos nosos cartos, cada día máis famenta. Ao mellor os libros, listos como son, vendo o futuro que lles agaradaba, decidiron, como eses da foto, simplemente marchar....

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A Clinton ceibáronlle un "impeachment" deses nos fuciños por moitísimo menos. ¿Teremos nós que agardar ata as próximas eleccións para facer o mesmo con estes subnormais (en sentido estricto, por situárense mesmo por baixo do nivel medio da cidadanía en aspectos senlleiros como por exemplo moralidade e dilixencia na xestión dos cartos alleos)? ¿Pódese ampliar ese "impeachment" ós da oposición? ¿Poderáse extendérllela a todos eles a perpetuidade?

Artipractor dijo...

Para mi que ni marcharon, ni se perdieron...
simplemente se descompusieron!!!

Anónimo dijo...

"A materia nin se crea nin se destrue tan so se transforma" decía un daqueles gregos vellouzos; pois vai ter razón. Verás tí como dentro duns anos aparecen "parte" dos famosos libros no rastro madrileño, ou como na novela de Hrabal “Unha soidade demasiado ruidosa” formarán parte dun monton de lixo recollido nalgures e esquencido en ningures.
Pero nestes casos o importante e ter o dato exacto da localización do obxecto en cuestión, vaia: que está perdido. Darse de conta de que xa non está supón todo un logro e, a mayores, un reto (ver Caso Biblioteca Nacional e os afamados Mapas) A nómina da Administración tería que contar- amén dun sin fín de peralejos varios- cunha recua fixa de S. HOLMES .
Igualito co insigne A. Montero, lembro o caso dalgún insigne galego-a que coleccionou durante toda a súa vida libros, pinturas,… de primeiro orde e quixo donalos (xa non vendelos) a Galicia. A súa única condición era que se lle ofrecera un refuxio seguro a súa colección. A Administración foi incapaz de ofertarllo e non houbo donativo. Pois eso, mellor así non vaia ser que o perdamos nos. ¡ QUE CUSTODIEN OUTROS!

Ana Bande dijo...

Si que é certo, eu non lembro ben quen foi pero que triste que nin na túa terra te queiran a tin nin á túa obra. E logo andamos reivindicando coma tolos o famoso pergamiño...pero ¿quen era o que quixo doar a biblioteca? agora xa non descansarei ata lembralo...