A Universidade de Berkeley ofrece unhas duascentas sesións de formación a través de You Tube. Os medios de comunicación preséntannos esta operación de mercadeo como unha tendencia pedagóxica, un novo paradigma na educación cara o que debemos mirar con atención, pero a min, a desconfianza que me xera calquera operación procedente do Far West, faime reflexionar...
¿as universidade máis elitistas do país máis capitalista do mundo participando do movemento do Acceso Aberto? Non, esto non é outra cousa que un ha mostra da publicidade que precisa un sistema no que milleiros de universidades privadas están sometidas a unha competencia brutal.
Por outra parte non teño dúbidas de que o sistema do Acceso Aberto vai gañando terreo en tódolos sectores. Na música, malia a pobriña cabeza de turco da temporada, todos seguiremos a "baixar" cancións, no cine, no periodismo, nas publicacións científicas e tamén na ensinanza.
A tecnoloxía é necesaria e beneficiosa sempre que a empreguemos coma un medio, non como un fin. Na ensinanza trátase dunha feramenta máis para que os alumnos acaden un nivel de preparación óptimo, e para iso hai que fomentar a consulta ás fontes dixitais non o copy-paste que os alumnos presentan directamente ao profesor, ou esas teses que se fan por encargo para obter unha praza de profesor universitario, ou esas programacións didácticas que se entregan aínda quentiñas nas deposicións de secundaria...
3 comentarios:
A universidade de Berkeley é unha universidade pública. Non sei cómo estarán agora as cousas, pero hai uns anos a matrícula nela era gratuita para todos os cidadáns do Estado de California. Se nela hai algún elitismo é unicamente na aceptación dos estudiantes, que se baseaba exclusivamente en criterios académicos (ata a aparición dos "cupos" por razón de sexo ou raza, como consecuencia da "discriminación positiva", pero esa é outra historia).
Pablo meteu este comentario que suprimin sen querer:
o que hai é que sacar a ciencia e a cultura das universidades e
achegarllas á xente. Aquí xa o están a facer cos Cafés Científicos. E
mesmo algún medio colgou anacos no
YouTubehttp://www.youtube.com/watch?v=CVW1QGvsXGQ&eurl=http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=o-cerebro-e-outras-lerias
Publicar un comentario