P.D. Adicado a P.B. o meu ateo de cabeceira.
miércoles, diciembre 31, 2008
Noli me tangere
lunes, diciembre 29, 2008
De libros e de libres

Publicado no suplemento cultural "Nós" do XORNAL DE GALICIA do 27 de decembro de 2008, p. 16
Ilustración de Aser A. Fernández Rey
Ilustración de Aser A. Fernández Rey
domingo, diciembre 28, 2008
Bágoas blancas
viernes, diciembre 26, 2008
Cabo Silleiro...ruina montium. Unha reportaxe de Diego F.Carbonero.
Diego Fdez. Carbonero. Enviado Especial dende
Baiona para o Blog de Ana Bande
Baiona para o Blog de Ana Bande
Pola preciosa estrada
costeira que vai de Baiona ata A Garda, pasando a Virxe da Rocha, atópanse estas curiosas construccións militares. Hoxe están completamente abandonadas e logo da información que me deran A.B e A.F. quixen botar unha ollada a este lugar. Nesta web fíxenme unha idea bastante completa do tipo de armamento empregado noutro tempo nesta base. Facía unha preciosa tarde de sol e decidimos coller a pequena estrada que levaba
ao cumio. Cando chegamos arriba atopámonos os restos do que fora un asentamento militar defensivo nun estado de abandono total, como podedes comprobar nestas imaxes. Dende a casamata hai unhas vistas impresionantes e por unhas escaleiras que farían as ledicias de calquera director de películas de terror, entramos ás galerías subterráneas. Alí non hai
nada de luz e hai lixo por todas partes. As pareces e teitos totalmente garabateadas con mensaxes noxentas. No chan consérvanse aínda os raíles polos que no seu día debían ir as vagonetas coa munición. Hai que ter moitísimo coidado porque por veces no chan ábrense enormes buracos. 
Non podo entender como lugares coma este permanecen neste estado de total abandono. Eu proporía unha recuperación deste lugar para uso didáctico e turístico. Aínda que moi recente, estamos ante un xacemento militar que non deberiamos deixar perder. E tendo en conta a boa calidade constructiva dos corredores subterráneos, coido que non sería difícil restaurar e acondicionar todo esto para uso turísitico. Dende a casamata máis elevada hai unhas impresionantes vistas da ría de Vigo. Dende aquí observábase a extensión da mancha de fuel cando o Prestige. Coido que foi o derradeiro uso que se lle deu ao lugar. Agora só e un depósito de lixo e pintadas do máis noxentas. Os catro "Vickers" están totalmente destrozados. Dentro de pouco, se non se actúa, non quedará resto algún deste lugar e ata pode que ocorra algunha desgracia porque estes túneles son verdadeiramente perigosos.
Non podo entender como lugares coma este permanecen neste estado de total abandono. Eu proporía unha recuperación deste lugar para uso didáctico e turístico. Aínda que moi recente, estamos ante un xacemento militar que non deberiamos deixar perder. E tendo en conta a boa calidade constructiva dos corredores subterráneos, coido que non sería difícil restaurar e acondicionar todo esto para uso turísitico. Dende a casamata máis elevada hai unhas impresionantes vistas da ría de Vigo. Dende aquí observábase a extensión da mancha de fuel cando o Prestige. Coido que foi o derradeiro uso que se lle deu ao lugar. Agora só e un depósito de lixo e pintadas do máis noxentas. Os catro "Vickers" están totalmente destrozados. Dentro de pouco, se non se actúa, non quedará resto algún deste lugar e ata pode que ocorra algunha desgracia porque estes túneles son verdadeiramente perigosos.
jueves, diciembre 18, 2008
Prestitución
martes, diciembre 16, 2008
Voume a ver esto....

Non é por Jude, que non é meu tipo, vou porque aquela habitación e aquela historia abrironme o apetito e quedei con ganas de máis. E se a música e estahaberá pecado, seguro.
P.D. (logo de ver a peli) ...corrixo, si, Jude é meu tipo, definitivamente.
De poder elixir custaríame facelo entre os beizos de Lissy (N.Jones ¿que é o que non sabes facer Nora?), a ollada de Sue Lynne (Raquel Weisz, a inesquecible Tessa do Xardineiro fiel ou a deliciosa afouteza de Leslie (Natalie Portman). O filme é un percorrido de Lissy na procura dela mesma logo do doloroso final dunha relación amorosa. Nesa viaxe física e tamén interna, aparecen as complicadísimas respostas as preguntas que lle plantea a Jeremy (J.Law) sobre o significado daquelas chaves esquecidas, a metáfora coa que inicia e se pecha o filme: ¿que pasou? [Leslie]. Pasou a vida [Jeremy]. A obsesión ¿amorosa? de Andy, o xenial David Strathairn que protagoniza a escea cumio do filme no que a interpretación se refire, remata na autodestrucción por un amor que non se deixa atrapar e que coa forza da súa beleza inflinxe unha dor punzante que o espectador sufre en estómago propio cando a voluptuosidade de Suy Lynne pasea collida da cintura deses vaqueiros diante da ollada derrubada do seu home. W.K.W. gosta da ollada máis que das verbas o que propicia un ritmo lentísimo que nos franquea un apaixoante mundo interior e, polo que vin, a fuxida de espectadores con dificultades para afacerse a mudar o concepto de tempo. E como vos dicía, a música, de pecado.
lunes, diciembre 15, 2008
Pasatempo narrativo
Non lembro a ollada paralizante máis sempre tiven este tacto húmido que fai máis arrepiante a soidade eterna. O vento frío dalle pulo as feridas nas que acougou o xeo hai séculos. A metade do ano debezo polo sol mais só aturo o seu saúdo porque unha vez que desaparecen as chagas xa é o inferno. E entón soño outra vez coas brétemas e as xeadas. A ninguén lle importou o meu terror á vertixe e estou condenado a permanecer idades aínda sen nome nestas desacougantes alturas. Só te vexo a ti. Mais tes que ser una quimera pois non lembro que o sentido da vista me teña agasallado
coas cores que reflicten os teus cristais cando o sol empurra por entre as nubes. A túa é tamén unha ollada eterna....
E que xa estou farta de tanto traballar en solitario. Eu fago o texto e ti trata de adiviñar a foto máis acaída á narración.
And...the winner is....¡Qwerty, alias Ganímedes, alias O meu primo! que nos achega esta bonita imaxe
jueves, diciembre 11, 2008
Querido Tío Pepín:


Grazas outra vez a Rubén Ruibal porque foi el o primeiro que me recomendou a lectura da obra de B.H.
miércoles, diciembre 10, 2008
A erótica das mecanógrafas, Katherine Mullin
Katherine Mullin, profesora da Universidade de Leeds e experta investigadora da relación entre cultura popular e imaxinarios colectivos disertará na Universidade de Vigo sobre a representación das mecanógrafas a comenzos do século XX en Gran Bretaña.
A profesora Mullin explorará a imaxinería erótica que caracterizou a representación das secretarias en novelas tanemblemáticas como Ulises e Drácula así como en fotografías artísticas, textos publicitarios e películas mudas da época.
A conferencia, organizada polo Departamento de Filoloxía Inglesa, celabrase no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Traducción ás 11 da mañan do xoves 11 de decembro e contará con servicio de interpretación simultánea.
Grazas a T.C. pola información. O tema semella interesante, terei que superar a preguiza destes días fríos e escuros para subir ao campus, non prometo nada...
A profesora Mullin explorará a imaxinería erótica que caracterizou a representación das secretarias en novelas tanemblemáticas como Ulises e Drácula así como en fotografías artísticas, textos publicitarios e películas mudas da época.
A conferencia, organizada polo Departamento de Filoloxía Inglesa, celabrase no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Traducción ás 11 da mañan do xoves 11 de decembro e contará con servicio de interpretación simultánea.
Grazas a T.C. pola información. O tema semella interesante, terei que superar a preguiza destes días fríos e escuros para subir ao campus, non prometo nada...
Foto: A mecanógrafa de...
lunes, diciembre 08, 2008
Nace a Banda Sinfónica de Vigo
sábado, diciembre 06, 2008
¡¡¡Quiero ser Christopher Walken!!!
Eses altofalantes! ¡a todo volume!
¡Boa fin de semana longa, longa, longa!
PD. Adicado ao primeiro fillo "in vitro" deste bló. Parécese un pouco a min, mirade.
¡Boa fin de semana longa, longa, longa!
PD. Adicado ao primeiro fillo "in vitro" deste bló. Parécese un pouco a min, mirade.
jueves, diciembre 04, 2008
Pero Vigo...¿ti que entendes por cultura?
Non me afago á mediocridade dos políticos desta cidade que non se deixa querer. O desprezo pola cultura fai devecer pola miseria do tempo dos caciques. Desprezan os edificios máis sobranceiros e queridos polos cidadans. ¿canto falta para que derruben a empacadora?. Desprezan as infraestructuras mínimas que toda vila reclama para sí en materia de cultura. Velaí os vergoñentos datos no que a dotación bibliotecaria se refire. O proxecto de auditorio, do que case ninguén fiaba dende o comezo preséntase agora como un morto ao que aínda hai que matar e temos que ver tódolos días ese chan baleiro no que non se ergue máis que a cobiza e a mediocridade de alcaldes e concelleiros que fan alarde da súa ignorancia cada día en vivo e en directo. E agora, a creación dunha Banda Sinfónica, un proxecto que podía facer esquecer por un momento que estamos na cidade máis castigada políticamente do occidente, sae na prensa só co gallo dunha nova pelexa de galos por saír na foto. Menos mal que os mozos que van facer posible o proxecto teñen que ensaiar todo o santo día e non poden ler o xornal. Outro día, e non é por alporizar a ninguén, cóntovos o ben que o fan na Coruña nesto da música, por exemplo.
miércoles, diciembre 03, 2008
La verdad de el caso Savolta, Eduardo Mendoza.
En fin, que eu opino que, lecturas obrigatorias volve ser un oxímoron intragable que habería que desbotar se o que se pretende e que os rapaces se acheguen ao marabilloso mundo da escrita. E se hai que facer que se lea a toda costa pois que haxa maior variedade.
E esta é a historia de como cheguei a esta lectura obrigatoria, que, todo hai que dicilo, merece un lugar de honra nos andeis da biblioteca ideal. Logo do máis de trinta anos da súa publicación confirmase o valor literario do caso Savolta, sobre todo no que á súa estructura narrativa se refire. A dificultade que supón a fragmentación, na primeira parte, deliberadamente excesiva do relato, obriga ao lector a participar moi activamente na reconstrucción dos feitos. O que non deixa de ser un recurso moi orixinal, aínda que non sei se premeditado por Mendoza, no caso dunha novela policíaca na que a intriga é o fío, a trabazón da historia, de principio a fin. Ese narrador en terceira persoa que o sabe todo e o que fala en primeira persoa manteñen unha dura competición con voces que chegan sempre doutros lugares e tempos. Comeza polo final e logo de case catrocentas páxinas precisamos as conclusións do inspector Vázquez para confirmar as nosas sospeitas. Unha gloria para os enamorados do xénero policíaco, dos que non pensaba eu que formaba parte. A novela é un monumento literario a Barcelona, e por monumento non me refiro a sólidas construccións que perpetúan as glorias de algo. Non, teríamos que falar de antimonumento, porque Claudedeu, Lepprince, María del Coral, Serramadriles, la Doloretas, Javier Miranda, Nemesio Díaz Cabrera, Savolta, Max e Parajito de Soto, son antiheroes. Son a cara cutre dos recoñecibles empresarios avarentos, executivos fachendosos, oficinistas murchos -¡peralejos esperta!-idealistas miserentos...tiveron nome e apelido naquel 1917 no que medrou a mediocridade que agroma neses períodos nos que unha crisis do sistema permite xuntar o lixo e mudalo nunha burbulla de riqueza que estoupará en canto o antibiótico do capital volva circular lixeiro. Tiveron nome tamén naquela transición onde o libro estivo condenado porque só lle faltaba eso, poñer os nomes. E teñen nome hoxendía, pero xa non importa porque agora están de moda os malandrines e os que viven do conto. Non fan piruetas en cabarets de mala morte (¿ou si?) nin se acompañan dunha parella de forzudos cutres que non poden agochar a súa miseria (¿ou si?) ero casi. Multitudes de voces, rexistros, matices, personaxes, fan desta "colmena" un libro imprescindible para estas noitiñas tan frías e húmidas. Máis información:Eduardo Mendoza,El caso Savolta 30 años después,wikipedia, Blogs de lengua y literatura
martes, diciembre 02, 2008
Con el agua al colofón
O fenómeno da acqua alta veneciano está a debuxar imaxes e metáforas incribles.
A simpar Luliña apaña para nós uns anacos da cidade máis marabillosa do mundo.
Se alguén vai para alá e ten sitio libre....as katiuskas póñoas eu
E falando de libros, veríades que na columna da dereita puxen unha estantería preciosa sobre violencia de xénero. Se queredes participar podedes mandarme un correo e vos meto no grupo. Irei actualizando a mostra con novos materiais (libros, DVS, ensaio...). Temos que facer o que sexa para parar esta barbarie.
lunes, diciembre 01, 2008
Premio Glaneuse.
Les glaneurs et la glaneuse
sábado, noviembre 29, 2008
Homenaxe a Marcos Valcárcel
Adiei tanto a cousa que agora quedo sen poder darte unha aperta en persoa, mais non quería deixar pasar este fermosísimo día sen che adicar tamén a miña pequena homenaxe. Dende que agromaron esas uvas túas tomei demasiado gusto ao bo viño. Mais o verdadeiro fado destas túas riquísimas colleitas está na compañía. Xa che dixen hai tempo que a túa baiuca virtual é a mellor herdanza que non acadarían a imaxinar aqueles do Volter. Que teñamos un recuncho na rede para ir tomar uns chatos cando nos pete e saber que alí están Marcos, Medela (¡canto te quero!), Arumes, Apicultor, XdC, Lourixe, XMG, [et. al.] -disimulen os vicios do oficio- é algo impagable. Cando lle expliquei a miña nai o fenónemo das Uvas sabía que estaba dando un chimpo imposible. Aos maiores nunca lles entrou na cabeza esto del interné mais todos debecen por entender. Lembro a sorpresa que levou aquel día que fixen sentar diante do ordenador e fomos pasando esas túas uvas e as fotos de Orensalia ¡que cara de felicidade!. Mira meu, ti es moito máis que un bló, ti es a demostración do trunfo da humanidade sobre tódolos ceros e uns do mundo. Seguirei a ler e sobre todo a degustar esas uvas que van caendo e que prometen caldos moito máis milagrosos que os de
¡Unha grande aperta!
[Velaquí está a miña nai fuchicando nas Uvas]
E un agasallo: A foto de arriba, Marcos, é unha Tarxeta do Liceo de Ourense de 1942. O asociado era Aser F. Novoa. Xa che mandarei por correo a outra cara.
viernes, noviembre 28, 2008
Seica me andan a amolar...

Logo de once días de folga, seica o sector da limpeza chegou a un acordo coa patronal. Esoutro día xa din conta da miña sorpresa perante a total indiferencia coa que as "autoridades" desta nosa universidade ollaban a situación. O lixo co que os piquetes tuneaban o noso campus ata lle daba un toque festivo que non invitaba a reflexionar sobre o grave conflicto social subxacente. Co paso dos días, xs folguistas recrudeceron as súas accións ampliando a gama de desperdicios ao ritmo da súa carraxe. A administración é un ente colectivo (deses con vida propia dos que fala a Gopegui) moi especial. E a administración universitaria, xa non digamos. Dende que se funciona con parámetros empresariais, aquí só se fala de calidade e procedementos e a realidade, aquelo do estudo, a investigación, a reflexión, o ser un modelo para a sociedade...antiguallas. Aquí só se move o que sente que lle andan na carteira. Así de prosaicos. Si señor. Ao alumno só lle preocupa o sucio que está todo -eso si, nos locais de copas onde se empapan literalmente de todo o líquido elemento duns WC de cortello, nin chío- os profesores que se pechen (ou non) as portas para evitar aos piquetes, os investigadores, berrando porque seica alguén lles estragou o resultado da investigación acumulada logo de anos de traballo. Claro, claro. Pero as preguntas debían de ser outras. Ben diferentes. Por exemplo ¿pagou a pena a externalización dos servizos universitarios? ¿que pasa con sector da limpeza? ¿non será unha especie de burbulla onde unha pandilla de cobizosos empresarios quere multiplicar o seu beneficio a costa dos traballadores? Pero como é venres imos botarlle unhas risas e mirar a decoración da sala de xuntas da foto, seica hai alguén por aí facéndome falcatruadas co fotoxop...¡boa fin de semana e próspero ani novo!
miércoles, noviembre 26, 2008
¡¡¡ necrosia cultural !!!
Non é que a teña tomada co tema, é que non paran. Agora resulta que os ateos somos síntoma de NECROSIA CULTURAL. Estamos verdadeiramene de atar -"A ninguna persona en plena posesión de sus facultades se le escapa que el signo de la cruz no viola ningún derecho fundamental-porque segundo eles el Estado se ha convertido en un nuevo dios, con poder absoluto sobre las almas.O artigo remata cun parágrafo glorioso que da conta da inmutabilidade da retórica apocalíptica dunha institución que, disimulen a meu escatoloxico gusto, me lembra moitísimo á famosa escea do exorcista: Este impulso en España "asume una expresión violenta", asegura, "como el escorpión que se pincha con su propio aguijón y agoniza víctima de su propio veneno". En su opinión, "se confunde la sana laicidad del Estado con una beligerancia antirreligiosa" y el hecho de que este "impulso autodestructivo" llegue a las escuelas "muestra una realidad terrorífica". E tampouco falta, of course, a eterna ameaza, neste caso os homes do saio albiscan unha monumental orxía na que ao máis puro estilo catárquico heleno seica nos comeremos uns aos outros víctimas dunha confusión total. NOn si estes sen festa non pasan: La sentencia que ha emitido el tribunal español "consagra jurídicamente la renuncia de una Europa desorientada, irracionalmente que se encamina hacia un impulso de autodestrucción". A destacar este insigne J.M. de Prada, un personaxe disfrazado de autor que pulula polo mundo real despotricando a cotío contra toda para manter un share que perdeu hai décadas. Si, home, si, xa o dixo aquel Parménides, o que non é non pode chegar a ser. Non é e punto. [fonte de todos estes barbarismos]
martes, noviembre 25, 2008
Un día internacional que non debía existir.
Aquela noite foi coma tantas, primeiro o son estarrecedor e cada vez máis próximo dos derradeiros chanzos e a explosión da porta, unha obertura axeitada para un primeiro movemento no que os berros e os golpes competían nun esceario cada vez máis sinistro no que ían aparecendo coitelos, puños e ata algunha que outra arma moito máis perigosa. Contra a parede, eu miraba o fume que delataba outra cea estragada. Ela, atenta ás súas tarefas incluso no fragor da batalla foi apagar o lume e botou a comida no prato. O monstro, para quen todo era susceptible de ser empregado coma arma, colleuno e guindouno contra o chan. Aquela noite había sesos fritidos. Eses anacos viscosos e brillantes, rotos, esmagados e esparexidos pola cociña quedaríanme impresos nos meus propios miolos para sempre.
[anónimo do século XXI d.C.]
[anónimo do século XXI d.C.]
lunes, noviembre 24, 2008
Eu tamén son A T E A. Demasiada roupa tendida.

Vía crucis foto: Vailima. Nuestra Señora la Antigua de Butrera (Burgos)
Semella que os atexs están a sacar a cabeza. Os medos apocalípticos dos cristiáns vellos seica están xustificados. É o comezo do fin. O mundo está perdido. Malia todo existen. Está ahí e en pouco volverán a queimar iglesias. E como o medo non é libre, o andazo métese por todas as regañas que a apócema dos sumos sacerdotes non deu selado para sempre. O medo. O medo a un deus disfrazado de pantocrator para aterrorizar aos pobres ignorantes. O medo á desaparición de deus que precederá a un tempo que nos fará cobizar as sete pragas. Parvadas, non fagades caso e como din os desta singular campaña disfrutade da vida porque probablemente non hai deus. Hai milleiros de razóns para saír do armario e recoñecernos no espello cando pechemos as portas unha vez fóra. A min, esta impresionante foto de Vailima chégame abondo....¡demasiada roupa tendida!
porque colgarse da melena estilo Sor Maravillas é unha doenza psiquiátrica que ten nome e tratamento...
porque impedir a curación dunha persoa é simplemente un asasinato...
porque prohibir a prevención de enfermidades coma o sida e simplemente un xenocidio
porque prometer anacos de ceo a cambio dunha vida de sumisión e prostitución
porque facer mandamentos para reservarse eternamente o dereito a tódolos pecados e....
porque me arrepía a vosa contabilidade (¡grazas Pedro!)
porque o vía crucis só me lembra unha monumental esmorga (¡grazas Aser!)
e como diría o home da navalla barbeira, se credes en deus ¿por que facedes seguros?
porque colgarse da melena estilo Sor Maravillas é unha doenza psiquiátrica que ten nome e tratamento...
porque impedir a curación dunha persoa é simplemente un asasinato...
porque prohibir a prevención de enfermidades coma o sida e simplemente un xenocidio
porque prometer anacos de ceo a cambio dunha vida de sumisión e prostitución
porque facer mandamentos para reservarse eternamente o dereito a tódolos pecados e....
porque me arrepía a vosa contabilidade (¡grazas Pedro!)
porque o vía crucis só me lembra unha monumental esmorga (¡grazas Aser!)
e como diría o home da navalla barbeira, se credes en deus ¿por que facedes seguros?
viernes, noviembre 21, 2008
Para tódas as que poñen o corazón diante, os soños no medio e a alma atormentada polas malditas ideas... malia todo existen...morreron cento dez veces para nada...tamén...coma os anarquistas...
Despido outra efímera semana con este prodixio de voz (grazas Hipólito).
Deixade que este delicioso sol de inverno quente os corpiños e disfrutade dunha fin de semana tranquila e se pode ser cos pes quentes e un sorriso nos beizos.
jueves, noviembre 20, 2008
Universida(de)merda.
miércoles, noviembre 19, 2008
Allegro vivace
sábado, noviembre 15, 2008
As obras da Ponte de Ourense

Onte Aser falou no Congreso sobre o Ourense medieval sobre as obras de reconstrucción da Ponte de Ourense en base á documentación recurerada por F. Espino no edificio do antigo cárcere da cidade.
Información: A Voz de Galicia
Información: A Voz de Galicia
La Ponte Vella es un monumento que ayer tuvo su protagonismo. Aser Ángel Fernández recorrió su historia desde los tiempos romanos hasta la construcción de hoy. Puente y catedral eran las dos mayores obras de la ciudad siglos atrás. El ponente habló de los maestros que trabajaron antes y después del expediente de 1777, que valora cómo se hallaba el monumento hasta entonces. «A ponte estaba continuamente en obras e foi esencial para a cidade e o seu territorio. Por ela pasaba a vía romana e foi o único paso estable do río na cidade ata 1918, cando se fixo a Ponte Nova». Los ingresos por cruzarlo daban poder al obispo o al Concello. «No 1628 houbo un pleito. O Concello quería ter a ponte e chegou a unha concordia pola que parece ser que quedou coa xurisdición dela. E no XVIII aínda se facían pagos a cargos do concello», añadió.
viernes, noviembre 14, 2008
Linguas azuis....e viperinas.

Velequí o berce dese misterio da lingua azul. Fuchicando no meu arquivo fotográfico atopei a proba da derradeira mentira que nos queren colar. Efectivamente, a lingua pónse azul logo de ter chuchado dun caramelo desa cor. Todos tranquilos. Non hai máis perigo que o de espertar coa cara e o corpo tinguido desa cor no caso de andar facendo porcalladas.
¡unha lambetada de completamente venres! (1)
Unha por aquí, outro por alá e eu soíña un venres...bueeeeeeeeeeno, iremoa ao cine, leremos un chisco e a agardar ao domingo para ver como loce a miña rula no medio desa nova orquestra.
(1) brincadeira adicada a Luis García Montero. Non sei, pero dame o corpo que hai por aí unha conspiración contra a boa xente que inocentemente cae nesta arañeira tan malvada. Primeiro provócante ata que rebentas, logo lévante ao xulgado no que te condean pagas unha multa. Toda unha operación para acadar un refrendo social ao tempo que un xeito de financiamento para estes manipuladores dos foros públicos dos que todos coñecemos exemplos sobranceiros. Algún día lles falarei dun caso na Universidade de Vigo. Por certo, asinar manifestos ...¿vale para algo?
lunes, noviembre 10, 2008
Ohhhbama!


Reacción 1: É todo tan perfecto que non pode ser verdade.
Si, este é unha reacción moi común. É verdade, nótase moito o guión pero...¿non foi perfecto tamén el 11S e, desgraciadamente tamén verdadeiro? Velaquí a confusión que resulta dese xogo tan "americano" que levou ata consecuencias ¿tan imprevistas? a manipulación da realidade. O derrubamento das torres foi interpretado, penso que atinadamente como unha gran labazada de hiperrealidade que atordou aínda máis aos cidadáns máis deliciosamente modernos e dixitais do mundo. Os que espertaron percatáronse, cicais de que precisaban dárlle a volta ao pastel pero cun producto de fabricación propia. Non deberiamos deixar que o medo a este sinistro sistema que rinde culto ao envoltorio nos peche as fiestas dun razoamento sempre á contra. En moitos xogos esta é a única estratexia para salvarse.
Foto: A imaxe "We can do it" é o famoso poster de H.Miller con ocasión de "animar" ás mulleres ao duro traballo nas fábricas de armamento logo da IIGM. O máis curioso, como me lembrou hai pouco A. é que xunto ao que xa ten de repulsivo o aproveitamento da muller que se fai nesta ocasión (aínda está por estudar o papel da muller nas guerras e na reconstrucción así como a violencia contra a mesma a grande escala como vimos na famosa novela "unha muller en Berlín) é a conservación do pano na cabeza. Segue sen poder separarse a imaxe feminina do seu cárcere particular. ¿imaxinades a Obama na súa réplica cun peto e a ferramenta de traballo nos campos de algodón?
Próximamente: "Retóricamente perfecto". "A grande esperanza". "The times they are changing". "¿Obama? ¿a ese que se van cargar dentro de pouco?". "A min qué Obama. Déixate de andrómenas e preocúpate pola túa vida....". "Ana, estamos muy esperanzados aquí, y si...tenemos un presidente muy guapo pero a mi me gusta más Zapatero con sus hermosos ojos azules (A. dende os USA). Lectura obrigada: Obama Victory Speech.
jueves, noviembre 06, 2008
A HISTORIA DO CALVARIO

Un pouco acochado no Calvario, coma todo bar que se precie, no 5 da Rúa Cruz Blanca, Isa e Cris, dous sorrisos con forma de muller, arranxaron un antigo bar para montar a súa HISTORIA. Deliberadamente exquisito sen refinamento algún, todo o anticul que poidas imaxinar. Había unha eternidade que non disfrutaba tanteo dende a pasada fin de semana, foi coma voltar a casa. Os Miñor Blues e o seu swin movían os pés do público máis variado por metro cadrado que vin nunca. Escolares, tineillers, adultos a medias e septuaxenarias que sorrían picaronas lembrando aquel tempo lonxano no que rían a cachón movendo as cadeiras ao son do Django Reinhart Refírome a aquelas casas nocturnas onde esmorgábamos ben a gusto na Auria Vella. Cris e Isa nos lembraron á Loló e a Leo, dúas sibilas da noite que facían do Bar o do Rataplán lugares máxicos que soaban a gloria, sabían a cuantrós e cheiraban doze, moi doce. Hai mil razóns para celebrar algo este venres...¡boa fin de semana!
miércoles, noviembre 05, 2008
Adiviña quen vai morrer

NIVEL I: ¿cómo se titula a película?
NIVEL II: ¿Como rematou a cousa entre eles?
NIVEL APICULTOR: ¿que pasou co Oscar á banda sonora?
NIVEL II: ¿Como rematou a cousa entre eles?
NIVEL APICULTOR: ¿que pasou co Oscar á banda sonora?
lunes, noviembre 03, 2008
El hombre de la navaja barbera, Jaroslav Putík
Os raros, é o que teñen, son marabillosos. De Jaroslav Putík non atopo nada, un pouco é coma Jan B., non sei se o seu alter ego como o era Ignatius de J.K.Toole. Mais son deses seres que pasan pola vida coma personaxes secundarios agochando tanta sabedoría e humanidade que só poden ser desprezados por un entorno que vive nunha eterna "pose" de autosatisfación e autocompracencia defendéndose, eso si, con toda a forza da súa mediocridade deses espíritus curiosos e inquedos que son quen de poñer as notas e as cores nas partituras monocordes e nos lenzos cincentos nos que os eternos idiotas do poder nos queren obrigar a vivir.
viernes, octubre 31, 2008
Tódolos días ao sol...se pode ser

Pola fiestra da biblioteca deserta albíscase un solpor que promete caloriña e tranquilidade para a fin de semana.
A foto é dun verán que veu no seu tempo no que disfrutamos abondo do
"laisser passer, laissez faire"
¡BOA FIN DE SEMANA E PRÓSPERO NOVO LUNS!..e como diría a miña querida V.....SÉxanmE deSORganizadaMENTE felices!!!!
miércoles, octubre 29, 2008
Resposta a Daniel Dominguez
martes, octubre 28, 2008
Un salvoconducto

[P.D. Solmisación]
lunes, octubre 27, 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)