sábado, octubre 11, 2008

O polbo de San Froilan na solaina de Delapierre.

Aquí vai un que quere que lle ceda espazo para poñer unhas verbas:

Tanto San Froilan, tanto San Froilán,... que houbo que ir ver ao Santo. O Froilán estaba alí, coma sempre, co lobo ao seu carón pero tamén estaba Jacques Delapiérre que non tiña nin can nin lobo pero tiña un polbo que estaba para ouvear polas rúas.

Ao abeiro dunha solaina tan agarimosa coma a de Marcos comimos, rimos, emocionámonos case todos ao descubrir que eramos vellos coñecidos e comme-çi, comme-ça, fixemos do mundo virtual unha baiuca onde botar unhas risas. Ata din que este que apareceu polo ceo era o apicultor que non foi quen de aterrar entre tanta algarada...grazas a todxs....


7 comentarios:

Anónimo dijo...

de hoxe nun ano

Anónimo dijo...

Arrecarallo: moito corríchedes (con perdón). Non orilláchedes, seica.

Anónimo dijo...

Mandei poñer un micrófono debaixo da mesa. O resultado: unha gravación con contidos altamente inflamables que, de ver a luz pública, faría tremer os cimentos da vida política, social e cultural do País. De momento, queda en reserva: Top Secret.

lourixe dijo...

Apicultor, non se vaia de farol, que coa tómbola ao lado non lle foi posíbel grabar nada. Un pracer, contubernistas todos!

Anónimo dijo...

De farol, nada. Non sabe o que dá de si a jai tecnololli.

Anónimo dijo...

Unha aperta. Deixo algunha desculpa rexistrada na solaina.

Ana Bande dijo...

Vou ter que facer a vendima vexo moita uva xa maduriña por aquí. Unha lambetada para todxs.