lunes, octubre 27, 2008

Solmisación


Allegro ma non troppo
manancial de tonalidades
intervalo forte fortissimo

contrapunto das idades

troiana contemporánea
labiríntica armonía
blefarite de bágoas



5 comentarios:

Anónimo dijo...

Incrible: pese ó edificio do fondo a foto é fermosa (coma a moza). Iso si, cada día escribe vostede máis raro.

Uansaguéndeseim

Anónimo dijo...

O turrón de sempre é duro como o era o chocolate chaparro de toda a vida, duro e doce, duro e quente. Unha mestura para ser algo novo.Non é unha invención, e froito dun traballo e as veces, o froito pode saber amargo como as veces resulta o turrón non nadal. Se vostede foi a autora da foto e ben probable que as columnas do fondo sexan parte do seu retrato. A outra parte debe ser a moza que porta o instrumento. Unha foto ben preciosa.

Ana Bande dijo...

anónimoguan,
o edificio do fondo é o pazo da opera da coru..e non é tan raro, só ten que ler atentamente e prestar atención ao título do post, si, a moza e ben fermosa.

anonimochu,
yes-it-is, grazas, efectiviguarder, o horripilante edificio do fondo é un autorretrato, ja..ja..agardo que caduque en 3..2..1..

Anónimo dijo...

Sei, sei, xoguei moito na canteira previa ó horripilante edificio e xusto no auditorio ó aire libre que hai enriba del; e sei que o retrato é pola boa nova, pero pese a todo a moza segue sendo fermosa coma a nai que a pariu, a foto boa e o edificio horrible.

Anónimo dijo...

Moito paço de congresos e moita leria, pero este que escribe recorreu a antiga canteira co seus condiscípulos e o profesor de xeoloxía, tratando de identificar feldespatos, micas e outras líticas formacións mesturadas coas rás, batracios que daquela aínda había onde hoxe pousan os seus cuíños as señoras da Coru afeccionadas ou seareiras ó bel canto...

Falando de escribir raro, esquecéuche dicir, Aninha, que as chamizclas pendulleiras não reirizan nos chinfoinos. Dígocho porque eu seino de boa tinta: contóumo Forges.

Bicos, apertas et lambetadas!