Para M.
Gris metalizado, sen brillo, frío, ignífugo e rexo por favor, invulnerable e anódino, si, por suposto, inmarcescible, claro, e totalmente autónomo, non, o peso non importa, nin que sexa de última xeración, só procuro unha boa resistencia, non, tampouco me importa a capacidade de aceleración, xa, entendo, que non se fabrican, e ¿non o poden montar vostedes con pezas de refugallo?, veña logo, xa me avisarán cando este listo, xa sei que non hai garantía, precisamente é o que non preciso, garantía.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
¡Bravo!
Eu mesma non o faría mellor.Vexo que non precisa vostede dos meus acompañamentos musicais. Seguirei atenta para intentar completar os seus laberínticos pensamentos.
Grazaz pola visita, Ra,
Legnaresa, e que se vostede non me persegue esto non tería moito xeito, a verdade...
Publicar un comentario