Durmiches completamente vestida e con esa maldita canción petando contra as túas tempas e érgueste tan de socato que me asusto. Vés onda min cunha ollada nova, que non coñezo, pero que temía dende hai tempo, e co puño da túa enrugada camisa límpasme a cara para borrar as pegadas das despedidas dos derradeiros días. Malia todo este carmín con que me enzoufas intúo perfectamente a decidida violencia dos teus movementos, mais apenas te recoñezo xa, sobre todo eses novos afeites que me fan trousar, e esas roupas que recuperas dun armario que tiñas agochado baixo unas preciosas sedas de Benarés. Vés cara min, agardo que me limpes a cara, que me deixes verte. Teño a esperanza de que este sexa o meu pesadelo, o eterno retorno dos centos de imaxes que tiven que soportar cicais noutros tempos. ¿onde estás M.? ¿quen remexe nas nosas cousas e guinda ao lixo os teus discos? ¿por que cheiras a visitas? O eco dun colgadoiro baleiro e certo arrecendo que gardei da tua suavísima pel enchen a oscuridade tras o fecho co que te despides....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Gracias por la visita.
Y, siempre, es un placer visitarte.
Grazas Raquel, vou agora mesmo discutir ese post sobre a exposición do Marco, non concordo en absoluto! ¡¡¡muac!!!
¡¡¡anónimoooooo!!!! ¿onde andas????
Ando eiquiiiiiiiiiiiiiiiiii, sigue, sigue, que non para a música Para S!
buf! vas ter que superar unha proba se queres mais, de momento,quero as túas impresións sobre S., e sobre todo un fío do que turrar para saír da situación en que quedou logo de S.IV...
Publicar un comentario